Expertos en servizos para telefonía móbil deronse cita hoxe en Santiago na sede da Fundación Caixa Galicia para participar na xornada ClusterTel: servizos para móbiles, que forma parte do Foro Multiplataforma: a converxencia das producións dixitais, organizado polo Clúster Audiovisual Galego, en colaboración coa Consellería de Innovación e Industria e Caixa Galicia, co obxectivo de analizar as consecuencias da revolución dixital e as posibilidades de negocio que representa para a industria audiovisual galega.
O CLÚSTER AUDIOVISUAL ANALIZA EN SANTIAGO A POTENCIALIDADE DOS NOVOS SERVIZOS PARA MÓBILES

Santiago, 4 de decembro de 2006.- Expertos en servizos para telefonía móbil deronse cita hoxe en Santiago na sede da Fundación Caixa Galicia para participar na xornada ClusterTel: servizos para móbiles, que forma parte do Foro Multiplataforma: a converxencia das producións dixitais, organizado polo Clúster Audiovisual Galego, en colaboración coa Consellería de Innovación e Industria e Caixa Galicia, co obxectivo de analizar as consecuencias da revolución dixital e as posibilidades de negocio que representa para a industria audiovisual galega.

Inaugurado por Gema García Abril, de Caixa Galicia, ClusterTel: servizos para móbiles, reuníu en Santiago a directivos de empresas tanto operadoras como subministradoras de servizos e desenvolvedoras de contidos para diagnosticar as tendencias no sector das telecomunicacións sobre o desenvolvemento de novos servizos ofrecidos a través dos teléfonos móbiles.

O debate responde á necesidade de estudar as cada vez máis numerosas posibilidades que ofrece o modelo de negocio asociado ao móbil, que resulta empresarialmente moi atractivo pola súa rendibilidade ao tratarse de servizos de pago, ofrecidos a través dun terminal que conta cunha penetración moi elevada. Subministro de información turística, meteorolóxica, transaccións bancarias, etc. son algunhas das ofertas que actualmente están no mercado, pero os usuarios teñen novas demandas de servizos que é convinte identificar, tanto dende a perspectiva dos usuarios privados, como das institucións, administracións, colectivos, sociedades, etc. A relación Internet-móbil, as posibilidades aínda non explotadas dos móbiles, sobre todo dos de última xeración, a explotación e comercialización de novos servizos a través dos terminais móbiles, a segmentación do público destinatario e a adaptación da oferta á demanda foron outros dos asuntos sometidos a debate durante a sesión.

Participaron como relatores, Hernán Rodríguez, director xeral de AECOMO, Asociación Española de Comunicacións Móbiles; Javier Fernández, responsable de Browsing Promotional Pricing de Vodafone Live!, quenes fixeron unha radiografía do mercado actual e avaliaron a potencialidade da interactividade no móbil e os servizos de valor engadido nos terminais de última xeración. Fernando Quintela, xefe de Estratexia Dixital de Caixa Galicia, e Óscar Sacristán, director xeral de Lambdastream, presentaron as experiencias das dúas entidades na explotación e comercialización de novos servizos en telefonía móbile así como as vantaxes do comercio móbil.

Os expertos auguran unha baixada dos servizos do móbil

Os expertos coincidiron en que os prezos dos servizos ofrecidos polo móbil van baixar e as empresas farán cada vez propostas para públicos máis amplios. Hernán Rodríguez, director xeral de AECOMO, calificou o móbil como o medio de comunicación máis democrático, xa que supera unha penetración do 100%.

A xornada completouse cunha sesión práctica de demostracións, levadas a cabo por dúas empresas galegas desenvolvedoras de contidos: Loroestudio e Net Go. Lolo Rey, de Loroestudio, expuso as aplicacións dos contidos desenvolvidos para o móbil como o sistema NETMOBILE ou o Camiño de Santiago ou a información electoral no móbil. Ricardo Alvarez, de NET GO, describiu a Plataforma de Mobile Marketing e os servizos de vídeo e colaboración en tempo real.

Entre o numeroso público presencial na sesión había produtores audiovisuais, empresarios, profesionais, deseñadores, creativos, técnicos e proveedores de servizos e contidos.

ClusterPlay en Pontevedra: último panel do Foro

As sesións do Foro Multiplataforma concluirán en Pontevedra o 18 de decembro coa xornada titulada Clusterplay: ocio interactivo, adicada a explorar as posibilidades, infinitas e aínda por descubrir, que ofrecen as novas tecnoloxías aplicadas ao ocio. A converxencia entre industrias de ocio, de software e de comunicación está a favorecer novas oportunidades de negocio e novas ferramentas de diversión. Os expertos analizarán en Pontevedra os xogos multimedia como nova forma de ocio intelixente, global e interactivo.

Saúdos do Gabinete de Comunicación do Clúster Audiovisual
Teléfono 986 575 201