NOVAS DO SECTOR: O BOSQUE ANIMADO convertirase durante este fin de semana en A FRAGA ILUSTRADA

28 / 03 / 2007

A Asociación Galega de Profesionais da Ilustración (AGPI) organiza este próximo sábado e domingo un encontro de debuxantes sen precedentes: A fraga ilustrada. Trátase dunha xuntanza de 23 ilustradores galegos de primera liña e de varias xeracións que traballarán nun taller de campo para ilustrar conxuntamente a obra El bosque animado, de Wenceslao Fernández Flórez. O BOSQUE ANIMADO convertirase durante este fin de semana en A FRAGA ILUSTRADA

A Asociación Galega de Profesionais da Ilustración (AGPI) organiza este próximo sábado e domingo un encontro de debuxantes sen precedentes: A fraga ilustrada. Trátase dunha xuntanza de 23 ilustradores galegos de primera liña e de varias xeracións que traballarán nun taller de campo para ilustrar conxuntamente a obra El bosque animado, de Wenceslao Fernández Flórez.
O obradoiro, que se desenrolará no mesmo espacio onde se trascorre a acción da novela, na Fraga de Cecebre, conta coa colaboración do Concello de Cambre así como da Deputación da Coruña e a propia Fundación Wenceslao Fernández Flórez.

Este acto é unha ocasión axeitada para que os profesionais da ilustración se interrelacionen traballando e convivindo xuntos, así como unha novidosa e inusual actividade, xa que rara vez un autor gráfico traballa ó natural. Para Manel Cráneo, presidente de AGPI, os obxectivos básicos destas xornadas son fomentar a interrelación entre os profesionais da ilustración que, polo xeral, traballamos aillados, así como analizar a interesante contribución á literatura de Wenceslao Fernández Flórez nunha novela tan visual. Do mesmo xeito, Suso Cubeiro, secretario de AGPI e coordinador do encontro, avoga por abrir esta profesión á sociedadade en xeral: queremos que non se nos vexa como artistas locos ou persoas solitarias só pendentes dun lapis, senón como traballadores con moita tenacidade, xa que neste traballo, como profesión liberal, non é doado establecerse.
Nesta senso, a organización deste evento tamén pensou naquelas persoas como os autores noveis, axentes do mundo literario e público xeral que estexan interesados na actividade. Por este motivo se organizan os seguintes actos de portas abertas:

Fundación Wenceslao Fernández Flórez
Villa Florentina. Apeadeiro, 14
Cecebre, Cambre, A Coruña
Teléfono: 981 676 052.
Email: fundawenceslaoff@wanadoo.es

Sábado, 31 de marzo

19.30 horas. Reunión de autores. Na Fundación Wenceslao Fernández Flórez.
Posta en común do traballo realizado durante toda a xornada dos participantes de A Fraga ilustrada, con invitación ós presentes para que con preguntas ou afirmacións valoren e se acheguen á forma de traballar dos ilustradores.

Domingo, 1 de abril

De 12.00 a 14:00 horas. Obradoiro de campo. Na Fraga de Cecebre.
Inicio da segunda xornada de traballo aberta a todo o público que queira achegarse. Os asistentes poderán ver in situ cómo traballa un ilustrador, paso a paso, así como facerlle as preguntas que considere oportunas ó respecto do seu traballo. Unha actividade moi recomendable ó público infantil.

18.00 horas. Clausura do encontro de ilustradores e concerto-poético da formación A caricia da serpe.
O encontro rematará coa presentación dos traballos aportados polos autores, que logo formarán parte dunha exposición itinerante que comezará no Concello de Cambre. Para este acto, contarán coa presencia de Lino Braxe e Miguel Ladrón de Guevara que interpretarán cancións do traballo homónimo de A caricia da serpe, narrac
ións musicadas que animan conciencias.

Os participantes nestas xornadas serán autores da talla de:

ANDRÉS MEIXIDE
ANXELES FERRER
CALROS SILVAR
DAVID PINTOR
FEDERICO FERNÁNDEZ
FRAN BUENO
JAIME ASENSI
JAVI MONTES
BLANCA BARRIO
MANEL CRÁNEO
MANOLO UHÍA
MIGUEL PORTO
NOEMÍ LÓPEZ
ÓSCAR VILLÁN
SIRO LÓPEZ
SUSO CUBEIRO
XAN L. DOMÍNGUEZ
XOSÉ COBAS
XULIA BARROS
DAVID RUBÍN
ALICIA SUÁREZ
EMMA RIOS
LUÍS SENDÓN

Categoría: Novas
Etiquetas: