NOVAS DO SECTOR: Ljiliana Buttler e a Mostar Sevdah Reunión protagonizan esta noite o segundo concerto de Play-Doc

23 / 03 / 2007

Mañá sábado, de 11 a 14h, ten lugar a segunda xornada do Foro Documental con figuras do audiovisual europeo que presenta Play-Doc nesta terceira edición. A cita é de 11 a 14 na Sala de Conferencias. E o tema a tratar neste segundo día será O financiamento.
Historias do Contrabando abre as proxeccións mañá sábado

Ljiliana Buttler e a Mostar Sevdah Reunión protagonizan esta noite o segundo concerto de Play-Doc

Mañá sábado, de 11 a 14h, ten lugar a segunda xornada do Foro Documental con figuras do audiovisual europeo que presenta Play-Doc nesta terceira edición. A cita é de 11 a 14 na Sala de Conferencias. E o tema a tratar neste segundo día será O financiamento.

Por outra parte as proxeccións de documentais vanse suceder ao longo da xornada. Abre a xornada do sábado, ás 12 do mediodía, o documental Historias do Contrabando do tudense Victor Coyote quen reflectiu neste traballo as historias do contrabando no último tramo do Miño. O documental forma parte da sección Foco Galicia.

Ás 16.30h proxéctase Maquilapolis que pertence a sección de Globalización e Medio ambiente. Na mesma recóllese as historias que traballan nas maquilas en México.

Ás 18.30h é a quenda dos novos talentos. En primeiro lugar Rubén Pardiñas que o ano pasado gañou o concurso Avid proxecta o seu documental Fronteiras. E logo será a quenda de coñecer as cinco pezas realizadas este ano no concurso Play Avid Doc. O público será o responsable de decidir cal deles é o premiado, decisión que se coñecerá o domingo durante a entrega de premios.

Ás 20.30h volven as proxección con Sisters in law un documental que compite na sección de longametraxes coa historia de dúas mulleres xuízas decididas a cambiar a historia da súa aldea no Camerún.

Ás dúas últimas proxeccións do sábado van ser Sevdah: a ponte que sobreviviu que forma parte da sección de Documentais de Música, e Quero ser piloto que compite na categorías de Curtametraxes.

Ljiliana Buttler e a Mostar Sevdah Reunión en concerto no Metropol
E esta noite a cita acaba na sala Metropol co segundo concerto. Correrá a cargo de Ljiliana Buttler e a Mostar Sevdah Reunión que chegan dende Bosnia. Logo actuará Dj Casius Tonen e Error Video. O prezo das entradas é de 10¤.

Sábado 24 de marzo de 2005

Previsións
• 11.00h Foro Documental – Sala de Conferencias
o O documental: Financiamento e mercado. Qué hai que facer no século XXI?
• 12.00h Roda de Prensa membros do Xurado*
o Goran Radovanovic, Dominiuqe Abel, Ana Isabel Santos, Pepe Coira e Sebastián Talavera

Proxección de documentais
– Ás 12.00h .- Traballadores do Contrabando  Foco Galicia
– Ás 16.30h .- Maquilapolis  Globalización e Medio Ambiente
– Ás 18.30h .- Fronteiras  Gañador do Avid 2006
Concurso Play-Avid Doc
– Ás 20.30h .- Sisters in law  Longametraxes
– Ás 22.30h .- Sevdah: a ponte que sobreviviu  Documentais de Música
Quero ser piloto  Curtametraxes
– Ás 00.30h .- Concerto en Metropol
Ljiljana Buttlet e a Mostar Sevdah Reunion
Dj Casius Tonen & Error Video

Categoría: Novas
Etiquetas: