NOVAS DO SECTOR: DÚAS VISIÓNS APOCALÍPTICAS REALIZADAS POLO AUDIOVISUAL GALEGO EN BERLÍN

16 / 02 / 2007

Na cuarta entrega so ciclo A última xeración do cinema galego que se celebra en Berlín será un programa dobre no que se proxectará a curtametraxe As cousas de Kulechov da Susana Rei Crespo e a longametraxe 2050. How soon is now de Ruth Chao e Javier Silva.
DÚAS VISIÓNS APOCALÍPTICAS REALIZADAS POLO AUDIOVISUAL GALEGO EN BERLÍN

Na cuarta entrega so ciclo A última xeración do cinema galego que se celebra en Berlín será un programa dobre no que se proxectará a curtametraxe As cousas de Kulechov da Susana Rei Crespo e a longametraxe 2050. How soon is now de Ruth Chao e Javier Silva.

Segundo Gonzalo del Puerto y Gil, xefe de actividades culturais do Instituto Cervantes de Berlín, a proxección de Memorial de Camposancos impactou moito a todo o mundo e o director de cine, Hans Werner Thiele, quedou con José Ballesta de Diego en manter contacto no futuro para proxectar algún outro traballo semellante. O debate posterior foi moi animado e participado. Pero, unha vez máis, faltou pouco para encher a sala (300 localidades). Cando teña lugar a próxima proxección a Berlinale haberá rematado e estou seguro –dixo- de que con 2050 esta vez si acadaremos un cheo. Esta previsión farase coa sesión de hoxe venres onde se proxectarán dous documentais que non deixarán indiferentes ao público alemán, 2050. How soon is now e As cousas de Kulechov.

A peza central da sesión será 2050 a longametraxe da productora Tv Siete que trata sobre o que pode suceder no planeta terra co quecemento climático e os desastres naturais que este fenómeno orixinará. Un filme parecido na temática a La verdad incómoda na que sae Al Gore como oráculo do futuro, mais o filme de Chao e Silva dálle a voz a expertos mundiais e as ilustran cun amplo repertorio de espectaculares imaxes de arquivo.

E, por último, chegamos á curtametraxe As cousas de Kulechov da creadora individual galega Susana Rei Crespo, unha pequena xoia que amparou as axudas da Consellaría de Cultura e Deporte no 2006. Todo o esforzo da administración vese recompensado cando aparece unha obra audiovisual desta calidade. A pesares de que foi a Berlín en work progress, o público alemán será o primeiro en ver, en primicia mundial, unha obra que se vai a facer un oco na historia do audiovisual galego pola extraordinaria imaxinación da proposta. Unha curtametraxe que se pode clasificar como un falso documental. Este subxénero basease nas teorías de Kulechov, mestre das grandes figuras do cinema soviético (Einsenstein, Pudovkin), nas que di que a montaxe audiovisual é a arma do futuro porque pode facer creer ao espectador cousas distintas do que indican as imaxes, unha máxima que logo retomaría para a modernidade Orson Welles no seu filme Fake (1973). Rei Crespo emprega imaxes dos incendios do pasado verán e imaxes de carácter etnográfico para realizar un noticiario dunha guerra na que se ve envolta Galiza. Este discurso ficticio é conducido por unha voz en off -na versión galega, realizada por Anxo Quintela-, como se fora o Hemingway ou o Welles de Tierra de España (1937) de Joris Ivens.

Categoría: Novas
Etiquetas: