NOVAS DO SECTOR: ANTÓN REIXA, PREMIO DE HONRA PEDIGREE 07 DO FESTIVAL DE CANS

16 / 05 / 2007

Antón Reixa recibirá este ano o premio de honra que outorga o Festival de Cans, o Pedigree’07. O certame, que se celebra os días 24, 25 e 26 de maio en Cans (O Porriño) quere recoñecer así a traxectoria no eido audiovisual dun dos creadores máis activos e polifacéticos da cultura galega dos útimos trinta anos.
ANTÓN REIXA, PREMIO DE HONRA PEDIGREE 07 DO FESTIVAL DE CANS

Antón Reixa recibirá este ano o premio de honra que outorga o Festival de Cans, o Pedigree’07. O certame, que se celebra os días 24, 25 e 26 de maio en Cans (O Porriño) quere recoñecer así a traxectoria no eido audiovisual dun dos creadores máis activos e polifacéticos da cultura galega dos útimos trinta anos.

A Asociación Cultural Arela, organizadora do festival, informa de que Antón Reixa recibirá o premio a noite do venres 25 de maio no torreiro de Cans. Reixa toma así o relevo de Luis Tosar, Celso Bugallo e Mabel Rivera, que obtiveron nas edicións anteriores este galardón, o célebre Can de Pedra creado polo canteiro local Paco Candán.
A organización destaca de Antón Reixa a súa longa e polifacética traxectoria cultural. Ademais de escritor e músico, no eido audiovisual explotou distintas facetas: artista multimedia, director de cine e televisión, produtor, actor, guionista, presentador de radio e televisón… Reixa foi pioneiro dos videoclips en Galiza, un xénero polo que o Festival de Cans aposta este ano cunha nova sección a concurso.
Actividades do Festival
A organización traballa nestes momentos no peche da programación do Festival de Cans. Recibíronse cerca de 90 curtametraxes de ficción, animación e documental, entre os que se está confeccionando a selección definitiva para a sección oficial e para o Jalpón Friki. Recibíronse tamén máis de 50 videoclips, unha cifra considerable para ser a primeira edición que contará cun concurso específico para este xénero audiovisual en auxe.
A organización destaca tamén que está previsto ampliar este ano o número de activdades paralelas ao festival. Algunhas delas extenderanse ao longo do mes de maio, ademais de reforzar as que terán lugar durante a semana do Festival de Cans, especialmente as musicais

Categoría: Novas
Etiquetas: