NOVAS DO SECTOR: A prensa especializada e as formas de acceso ó mercado internacional: xornada no CICA

4 / 06 / 2007

John Hopewell, director da revista Variety en España e Portugal, e Marina Fuentes, Presidenta de 6 Sales, estarán o próximo 20 de Xuño na Coruña cos alumnos de MPXA (Master en Produción e xestión Audiovisual) para falarlles da Prensa Especializada e Formas de Acceso ao Mercado Internacional.
A prensa especializada e as formas de acceso ó mercado internacional: xornada no CICA

John Hopewell, director da revista Variety en España e Portugal, e Marina Fuentes, Presidenta de 6 Sales, estarán o próximo 20 de Xuño na Coruña cos alumnos de MPXA (Master en Produción e xestión Audiovisual) para falarlles da Prensa Especializada e Formas de Acceso ao Mercado Internacional.
Tras o seu paso por Lola Films e Lumina Films coa que aínda colabora, Marina Fuentes preside o consorcio de vendas audiovisuais 6 Sales.
John Hopewell contribuíu ao sector audiovisual escribindo máis de 2000 artigos publicados en Variety e é autor de 2 libros de cine español, Out of the Past publicado polo British Filme Institute e El cine español después de Franco.
O horario de traballo esta xornada será de 9:00 a 10:30 h. Prensa Especializada. John Hopewell. Variety e de 11:00 h. a 14:00 h. e de 15:00 h. a 18:00 h. Formas de acceso ao mercado internacional. Marina Fuentes, 6 sales.

Categoría: Novas
Etiquetas: