NOVAS DO SECTOR: A ASOCIACIÓN AADTEG CELEBRA AS II XORNADAS CIDADANÍA E TEATRO

7 / 11 / 2006

Os vindeiros días 20 e 21 de novembro, a Asociación de Actores, Directores e Técnicos de Escena de Galicia (AADTEG) celebraremos na sede do Consello da Cultura Galega as II Xornadas Cidadania e Teatro. Este encontro do teatro galego, nesta ocasión baixo o título Teatro e Acción Social, vaise estruturar arredor de catro mesas temáticas: Teatro e Intervención Social, Teatro e Educación, Teatro e Participación Social, e Teatro e Acción Positiva. Estimadas amigas e amigos:

Os vindeiros días 20 e 21 de novembro, a Asociación de Actores, Directores e Técnicos de Escena de Galicia (AADTEG) celebraremos na sede do Consello da Cultura Galega as II Xornadas Cidadania e Teatro. Este encontro do teatro galego, nesta ocasión baixo o título Teatro e Acción Social, vaise estruturar arredor de catro mesas temáticas: Teatro e Intervención Social, Teatro e Educación, Teatro e Participación Social, e Teatro e Acción Positiva. Como podedes observar, trátase de analizar a potencialidade das artes escénicas na sensibilización sobre problemáticas sociais, e os seus aportes positivos para a superación das mesmas. E para iso contamos cun excelente plantel de ponentes e relatoras, quen compartirán con nós as súas experiencias e reflexións.

Enviámosvos adxunto o tríptico promocional das Xornadas, onde poderedes encontrar toda a información relativa ao programa. Na MESA 4 consta unha ponente por confirmar, e cuxo nome desgrazadamente non chegou a tempo de entrar en imprensa. Pois ben, finalmente asistirá a directora do Servizo Galego de Igualdade, Dna. Ana Luisa Bouza Santiago. Felicitámonos pola súa presenza.

Considerádevos pois convidados e convidadas a acudir a este noso espazo de encontro, do cal esperamos que xurdan exemplos e propostas luminosas que permitan visibilizar máis ainda a función social que desde sempre cumpriu e cumpre o teatro.

Grazas de antemán pola vosa participación nas Xornadas e recidibe un cordial saúdo.

Marcos Lorenzo
XERENTE

Asociación de Actores, Directores e Técnicos de Escena de Galicia
Rúa do Campo do Cruceiro do Gaio, 7, 1º
15.705 Santiago de Compostela
Teléfono: 981 593829
Enderezo electrónico: info@aadteg.org

Categoría: Novas
Etiquetas: