NOVA EDICIÓN DO PROGRAMA CURTAS DO CONSORCIO AUDIOVISUAL DE GALICIA

2 / 01 / 2009

O Consorcio Audiovisual de Galicia vai lanzar proximamente a sexta edición do seu programa de promoción das curtametraxes galegas, CURTAS 09. Como xa se fixera en anteriores edicións, novamente elaborarase un catálogo que conterá as obras seleccionadas subtituladas ao castelán (se a versión orixinal é en galego), inglés e francés, e difundirase nos festivais máis relevantes do xénero e nos mercados máis importantes internacionalmente como o de Clermont-Ferrand.
Ademais seguirase mantendo a axuda de 3.000 euros que se incorporou na pasada edición do programa. Esta axuda para cada unha das produtoras seleccionadas ten coma fin a promoción internacional da súa obra, alén da promoción que xa fai o Consorcio Audiovisual de Galicia.

Máis información:

Consorcio Audiovisual de Galicia
www.consorcioaudiovisualdegalicia.org
proxectos@consorcioaudiovisualdegalicia.org

Categoría: Novas
Etiquetas: