NOVA EDICIÓN DO MIF EN CANNES, DO 14 AO 24 DE MAIO

26 / 02 / 2008

O vindeiro mes de maio, do 14 ao 24, terá lugar en Cannes o MIF 2008 (Marché International du Film), asemade que o Festival International du Film.

Como en anteriores edicións as institucións españolas (FAPAE, ICEX, o ICAA, Catalan Films & TV e PromoMadrid) habilitarán un stand paraugas para todos aqueles produtores que desexen asistir.
Os interesados en participar baixo este paraugas deberán cumprimentar o formulario que se achega e remitilo vía fax 91 512 01 48 ou e-mail (lturnes@fapae.com).

Logo de remitir o formulario cada empresa recibirá un código individual que permitirá aos participantes rexistrarse online a través da web do mercado (http://www.marchedufilm.com).

Detalles do rexistro:

Acreditacións

a. Rexistro no Mercado: O prezo por persoa é de 281 euros (taxas incluídas).

b. Producers Network: Como en edicións anteriores, o Festival e o Mercado de Longametraxes de Cannes crearon un programa específico encamiñado a fomentar as relacións con posibles socios produtores e financeiros a nivel internacional. A acreditación, cuxo prezo ascende a 312 euros, está reservada a aqueles profesionais cuxa actividade principal sexa a produción e que, a lo menos, produciran unha longametraxe nos últimos tres anos e que fora estreada en salas. O “Producers Network” está limitado a dous produtores por compañía, cun límite de 500 prazas.

Screenings

A solicitude de screenings xa se pode facer a través da web http://www.marchedufilm.com empregando os códigos de acceso do ano anterior. En caso de non dispor dos mesmos pódense solicitar a Daniel Birge: nsoungadoy@festival-cannes.fr

Datas límite de inscrición

No referente aos prazos de inscrición, as solicitudes deberán enviarse e tramitarse antes do 10 de abril, que é a data para figurar na guía do mercado e garantir o prezo “umbrella”.

Para calquera aclaración contactar con Lucía Turnes no teléfono 91 512 16 60.

Categoría: Novas
Etiquetas: