O Xurado dos Premios de Investigación outorgados no 2007 pola Asociación Española de Historiadores del Cine (AEHC), na categoría PREMIO MEJOR EDICIÓN O COMPILACIÓN, foi concedido á publicación editada polo CGAI (Colección Difusión, Serie Ensaios, número 13) Suevia Films–Cesáreo González: Treinta años de Cine Español, do historiador galego José Luis Castro de Paz UNHA PUBLICACIÓN DO CGAI FOI PREMIADO POLA ASOCIACIÓN ESPAÑOLA DE HISTORIADORES AEHC

O Xurado dos Premios de Investigación outorgados no 2007 pola Asociación Española de Historiadores del Cine (AEHC), na categoría PREMIO MEJOR EDICIÓN O COMPILACIÓN, foi concedido á publicación editada polo CGAI (Colección Difusión, Serie Ensaios, número 13) Suevia Films–Cesáreo González: Treinta años de Cine Español, do historiador galego José Luis Castro de Paz, profesor titular na Universidade de Vigo, que acaba de ser habilitado catedrático de Comunicación Audiovisual, e Josetxo Cerdán, profesor da Universitat Rovira i Virgili (Tarragona). A publicación contou coa colaboración de Filmoteca Española, o Instituto Valenciano de Cinematografía (IVAC) e a Asociación Española de Historiadores del Cine (AEHC).
O dictamen do xurado referente a esta obra foi o seguinte:
Por cuanto el presente volumen viene a ocupar con extraordinaria pertinencia una parcela poco frecuentada en los estudios sobre cine español: aquella dedicada al conocimiento de las industrias capaces de producir, distribuir y exhibir films en España (e incluso fuera de ella), y a conquistar durante largos años un lugar privilegiado en el imaginario de los espectadores de su época. En este sentido cabe destacar la profundidad de los análisis llevados a cabo por los justamente elegidos colaboradores del libro a fin de explicar la génesis de una empresa que en tan solo una década se convirtió en la primera productora española del momento, y ello sin olvidar el contexto que lo hizo posible, explicación facilitada por la adecuada parcelación del territorio a que se entregan los compiladores: la manera en que se financiaron sus películas, el enfoque dado a su producción, sus estrategias de penetración en mercados exteriores, su política de coproducciones o sus tentativas de levantar un ?starsistem? de alcance internacional… son evaluadas en esta monumental propuesta.
Esta publicación sobre o produtor cinematográfico Cesáreo González (Vigo, 1903-Madrid, 1968) profundiza na complexa figura dunha das máis activas personalidades españolas durante tres décadas. Cesáreo González elevou a súa produtora Suevia Films ao primeiro posto do sector cinematográfico español. Produtora que foi capaz de producir simultáneamente títulos comerciales, de rápido e efímero consumo e outros dirixidos polos máis relevantes cineastas da época.