NATHANIEL DORSKY NO CGAI

2 / 06 / 2011

O Centro Galego de Artes da Imaxe, dentro do ciclo “O ceo na terra. Nahtaniel Dorsky, Phil Solomon e Robert Beavers”, acolle dende hoxe ata o vindeiro sábado 4 de xuño as presentacións de Nathaniel Dorsky.

Ciclo O CEO NA TERRA. NATHANIEL DORSKY, PHIL SOLOMON, ROBERT BEAVERS.  
Presentacións Nathaniel Dorsky
XOVES 2 DE XUÑO (20.45 horas), VENRES 3 DE XUÑO (20.45 horas) e SÁBADO 4 DE XUÑO (18.00 horas)

O CEO NA TERRA. NATHANIEL DORSKY, PHIL SOLOMON, ROBERT BEAVERS:
En colaboración con: La Casa Encendida e (S8) 2ª Mostra de Cinema Periférico.
Comisariado por Garbiñe Ortega, “O Ceo na Terra. A multidimensionalidade no cine de vangarda norteamericano” é un ambicioso e revelador ciclo que propón un achegamento a catro dos autores estadounidenses experimentais -a colaboración co certame (S8) 2ª Mostra de Cinema Periférico en A Coruña permite que a cidade acolla noutro espazo a obra de Zoe Beloff en similares datas- onde a sensación de iconoclastia, beleza e emoción domina, construíndo unha auténtica fita, unha experiencia para o espectador máis avezado. Coproducido por La Casa Encendida, contamos coa presenza dun autor de magnetismo e recoñecemento crecentes, Nathaniel Dorsky que, logo da súa presenza no último Festival de Rotterdam, presentará tres das catro sesións dedicadas a el.         
“Segundo anuncian, pronto chegará a expansión dunha nova conciencia e seremos capaces de viaxar por novas dimensións. Este ciclo nos achega a catro realizadores norteamericanos que queren experimentalo antes a través do cine: Zoe Beloff actúa como médium entre o real e o imaxinario, e o seu universo único e ás veces estereoscópico, define a relación entre os distintos planos invisibles nos que vivimos; Phil Solomon, colaborador durante anos de Stan Brakhage, representa, mediante numerosas técnicas, a abstracción reflexiva e a emoción do que está na procura constante; Robert Beavers combina elegantemente a estética do mundo natural e da arte; e Nathaniel Dorsky (Nova York, 1943), consegue revelar o pulso interno dos elementos e a cadencia da luz californiana, amosando que o experimental non está rifado coa beleza. A súa obra, que se presentará case íntegra, permitenos entrar nun estado hipnótico descoñecido ata agora no cine” (Garbiñe Ortega, comisaria).     
 
XOVES 2 de XUÑO (20.45 horas)
PROGRAMA NATHANIEL DORSKY (II). LUZ SACRA
Nathaniel Dorsky, cineasta xa clásico da vangarda norteamericana, ten dúas grandes motivacións: as posibilidades da luz e o silencio, e a exploración dese campo de enerxía creado entre a pantalla e o espectador. Mestre da montaxe, as catro programas a el dedicados nos sumerxen nun universo exquisito e hipnótico.   

SONG AND SOLITUDE    
(Estados Unidos, 2005-2006)
Dirección: Nathaniel Dorsky. Duración: 21 minutos.
Delicada expresión dunha paisaxe interior. Cine no que converxen corazón e alma.     

PASTOURELLE    
(Estados Unidos, 2010)
Dirección: Nathaniel Dorsky. Duración: 16 minutos.
Último traballo de Dorsky ata a data, gañadora do Premio á mellor curtametraxe no Festival Internacional de Cine de Róterdam. Filme devoto, irmán da súa peza Aubade (2010).  
 
THRENODY     
(Estados Unidos, 2003-2004)
Dirección: Nathaniel Dorsky. Duración: 20 minutos.
Oración pola morte do seu amigo, o influínte realizador experimental Stan Brakhage.     
 
THE VISITATION     
(Estados Unidos, 2002)
Dirección: Nathaniel Dorsky. Duración: 18 minutos.
Unha revelación lumínica máis grande que nós…      

VENRES 3 de XUÑO (20.45 horas)
PROGRAMA NATHANIEL DORSKY (III). MÚSICA CÍCLICA: TRES VARIACIÓNS E UN TEMA
Nathaniel Dorsky, cineasta xa clásico da vangarda norteamericana, ten dúas grandes motivacións: as posibilidades da luz e o silencio, e a exploración dese campo de enerxía creado entre a pantalla e o espectador. Mestre da montaxe, as catro programas a el dedicados nos sumerxen nun universo exquisito e hipnótico.   

SARABANDE    
(Estados Unidos, 2008)
Dirección: Nathaniel Dorsky. Duración: 15 minutos.
Peza con forma musical.  
 
COMPLINE    
(Estados Unidos, 2009)
Dirección: Nathaniel Dorsky. Duración: 19 minutos.
Final dun ciclo. Unha sentida despedida á película de Kodachrome coa que Dorsky traballou durante anos.      

AUBADE   
(Estados Unidos, 2010)
Dirección: Nathaniel Dorsky. Duración: 12 minutos.
O sol sae e oa amantes precisan marcharse lonxe. Primeira película do novo ciclo.      
 
WINTER   
(Estados Unidos, 2007)
Dirección: Nathaniel Dorsky. Duración: 19 minutos.
Un breve periodo de sombras agocha á protagonista de case toda a obra de Dorsky: a luz da cidade de San Francisco.  
 
SÁBADO 4 de XUÑO (18.00 horas)
PROGRAMA NATHANIEL DORSKY (IV): MEDITACIÓN
Nathaniel Dorsky, cineasta xa clásico da vangarda norteamericana, ten dúas grandes motivacións: as posibilidades da luz e o silencio, e a exploración dese campo de enerxía creado entre a pantalla e o espectador. Mestre da montaxe, as catro programas a el dedicados nos sumerxen nun universo exquisito e hipnótico.   

VARIATIONS    
(Estados Unidos, 1992-1998)
Dirección: Nathaniel Dorsky. Duración: 24 minutos.
Esta peza representa a procura de revelacións visuais do seu autor.     
 
PNEUMA   
(Estados Unidos, 1977-1983)
Dirección: Nathaniel Dorsky. Duración: 27 minutos.
Na filosofía estoica, pneuma é a alma ou o vento ardente que impregna o corpo.       
 
LOVE’S REFRAIN    
(Estados Unidos, 2000-2001)
Dirección: Nathaniel Dorsky. Duración: 23 minutos.
Unha porta abrese, convidándonos a seguir a nosa intuición

Categoría: Novas
Etiquetas: