MULLERES CINEASTAS DA UE ACORDAN EN SANTIAGO A CREACIÓN DUNHA REDE EUROPEA PARA IMPULSAR A IGUALDADE DE XÉNERO NO SECTOR

10 / 05 / 2010

O II Encontro Internacional de CIMA (Asociación de Mulleres Cineastas e dos Medios Audiovisuais), que reuniu a semana pasada en Santiago de Compostela a máis dun centenar de mulleres do cine e o audiovisual de toda Europa, impulsou un documento no que se recollen as conclusións da xuntanza ao que chamaron ‘Carta de Compostela’ no que se anuncia a creación dunha Rede Europea de Mulleres do Audiovisual. CIMA entregará unha copia da Carta de Compostela aos responsables políticos con competencias no audiovisual.

Esta cumbre internacional, celebrada os días 5, 6 e 7 no Centro Galego de Arte Contemporánea de Galicia na capital compostelana,  permitiu a realizadoras, guionistas e actrices de 12 países analizar conxuntamente o papel feminino no sector;  como se plasma a realidade no ámbito cinematográfico e televisivo; estudiar os novos mercados que se abren con novas tecnoloxías e formatos; e reflexionar sobre as dificultades coas que se atopan estas profesionais para acadar postos directivos e a conciliación da vida familiar e laboral.

Entre os representantes de entidades que acudiron estaban Ignasi Guardans, director xeral doI CAA; Laura Seara, directora xeral do instituto da Muller; Alfonso Cabaleiro, secretario xeral de Medios da Xunta e Ann Kristin Glenster, presidenta da Directors Women in Film and Tv de Reino Unido.

Esta cita audiovisual tamén contou coa participación de directoras como Isabel Coixer, Agnès Jaoui,  Pirjo Honkasalo, Patricia Ferreira ou Josefina Molina, actrices coñecidas como Anna Galiena, Assumpta Serna, Leticia Dolera e María Bouzas, así como investigadoras e expertas en xénero e audiovisual como Carrie Tarr.

 

Categoría: Novas
Etiquetas: