O Festival Internacional de Cine Euroárabe Amal clausurou a súa X edición cun éxito rotundo de público e interesados no cine euroárabe. Tanto é así que diversas cidades de España, Oriente Medio e Sudamérica están interesadas en difundir as películas que formaron parte de Amal e organizar mostras de cine en centros socioculturais, universidades, escolas… 

O Festival prevee organizar unha mostra de cine euroárabe en Panamá, tras o interese suscitado nun dos seus centros socioculturais, “Los del patio”. Este centro cultural atópase situado no histórico barrio de San Felipe, Zona vella da cidade de Panamá, e foi declarado pola UNESCO “patrimonio da humanidade”. Creouse coa finalidade de desenvolver e apoiar proxectos culturais que parten tanto desde o propio centro, como desde outras agrupacións ou artistas. Proxectos que poden contemplar obradoiros, cursos, encontros, exposicións ou presentacións, pero que contan cun compoñente común: a educación e pertencentes a distintas áreas da creación: artes plásticas, audiovisuais, fotografía, cine, danza e teatro.

A Universidade Veracruzana de México tamén quere mostrar o cine exhibido en Amal, a partir de mostras de curtametraxes e longametraxes de temática euroárabe no seu seo.

Na gala de entrega de premios do festival estiveron presents os embaixadores àrabes de Alxeria, Libia e Palestina, así coma o Embaixador da Liga Árabe en España, quenes tamén se amosaron moi interesados en establecer lazos de traballo para promover o cine de Amal en ditos países.

A Fundación Araguaney, organizadora do Festival Amal, cumpre así un dos seus obxectivos primordiais, o de servir como ponte entre culturas, neste caso entre a cultura árabe, a europea e a suramericana.