MATRIUSKA ANIMACIÓN PRESENTA “CRIBBA, O VAMPIRO” PRIMEIRA CURTAMETRAXE CON VERSIÓN ESTEREOSCÓPICA

2 / 01 / 2009

“CRIBBA, O VAMPIRO”, proxecto innovador de animación 3D, vai ser a primeira curtametraxe que ofrece unha versión en estereoscópico. A curta producida por Matriuska Animación, conta a historia dun vampiro presumido que o que máis desexa é poder mirarse ao espello.

O vampiro leva séculos habitando o Castelo nas montañas dos Cárpatos, na lúgubre Transilvania, mais Cribba sinte saudade de cando era humano. Cada noite, antes de saír a pola seguinte víctima, Cribba repara nos retratos dos seus antergos; o seu, o último deles, ten un borrón onde debía de estar representada a súa face. Só cando se rebela contra o seu instinto de vampiro, a sombra, acadará o xeito de liberarse. “CRIBBA, O VAMPIRO” baséase nun guión de Samuel Lema e está dirixida por Daniel Montero.

A curtametraxe subvencionada pola Consellería de Cultura e o ICAA vaise estrear en abril do presente ano en Santiago de Compostela. Para gozar do espectáculo visual, o público dispoñerá dunhas lentes especiais que permitan percibir as imaxes estereoscópicas.

Categoría: Novas
Etiquetas: