MATALOBOS AFIÁNZASE COMO LÍDER DE AUDIENCIA EN GALICIA

14 / 12 / 2011

Matalobos afiánzase como líder de audiencia da noite do martes en Galicia. Na súa entrega desta semana,  a produción de Voz Audiovisual marcou un 18,2% de cota de pantalla e 190.000 espectadores de media. O pasado martes, Matalobos impúxose, coa emisión do capítulo 59, a toda a oferta televisiva, na súa franxa de emisión en Galicia, cun 18,2% de cota de pantalla e unha media de 190.000 espectadores. Pola súa banda, o previo 15 zona: Cerco ós Matalobos, marcou un 13,4% de share e 148.000 espectadores.

Por detrás da ficción galega posicionáronse, unha noite máis, tódalas emisións en competencia: Tú sí que vales (Telecinco) cun 16,3%; Españoles en el mundo (TVE 1) cun 13,6% e un 14,7%, nas súas dúas emisións da noite; o cine de Cuatro cun 10,4%; El mentalista (La Sexta) cun 10,3% e 9,7% respectivamente; Downtown Abbey (Antena 3), cun 7,7%; e o cine de La 2, última opción da noite, cun  1,9% de cota de pantalla.

 

Categoría: Novas
Etiquetas: