MASTERCLASS DE GUIÓN DE TVMOVIES E MINISERIES ORGANIZADA POR AGAG

12 / 03 / 2012

Desde hai uns anos as tvmovies e as miniseries están cada vez máis presentes nas grellas televisivas das grandes canles e colleitan audiencias millonarias. Biopics históricos, personaxes do corazón, sucesos,… son algunhas das fontes de inspiración para este xénero televisivo que co paso dos anos está a coller máis e máis forza.

Dende AGAG queren analizar en profundidade o xénero, as súas claves e as súas dificultades narrativas por iso convidamos a impartir unha Master Class de Guión de TVmovies e Miniseries a Carmen Pombero e Antonio Hernández Centeno, guionistas de miniseries de enorme éxito como La Duquesa, Paquirri e Mi Gitanaactualmente en emisión en Telecinco, e que está a levantar unha grande controversia. 

 

Ademais, revelaranos de primeira man, e en exclusira, qué novas tvmovies procuran as cadeas e as novas tendencias: 

 

“Mi Gitana arranca con éxito en Telecinco tras seducir ao 20,2 % da audiencia.” (Fonte: www.formulatv.com – http://www.formulatv.com/noticias/23939/audiencias-mi-gitana-arranca-exito-telecinco-tras-seducir-mas-20-por-ciento-audiencia/)

 

“La Duquesa, mejor tvmovie de Telecinco con cuatro millones” (Fonte: www.vertele.com – http://www.vertele.com/analisis-espana/audiencias-del-martes-13-de-abril-la-duquesa-mejor-tv-movie-de-tele-5-con-cuatro-millones/)

 

“Anatomía da tvmovie en España: grandes éxitos e fracasos deste xénero” (Fonte: www.vertele.com – http://www.vertele.com/noticias/anatomia-de-la-tv-movie-en-espana-grandes-exitos-y-fracasos-de-este-genero/)

 

 

O vindeiro venres 23 de marzo de 2012 terá lugar na sede da SGAE de Santiago de Compostela  (rúa das Salvadas, 2) a Master Class de Guión de TVmovies e Miniseries con Carmen Pombero e Antonio Hernández Centeno –guionista de Mi Gitana, La Duquesa e Paquirri-, grazas á inestimable colaboración de SG Audiovisual.

 

As tarifas de inscrición para a Master Class son as seguintes:

 

Socios AGAG: 10 €

Tarifa xeral (non socios AGAG): 30 €

Tarifa reducida (estudantes de Facultade/ Módulo/ Escola Audiovisual): 25 €

 

Para calquera dúbida, info@asociaciongalegadeguionistas.org

 

Categoría: Novas
Etiquetas: