MASSIMO SAIDEL, DIRECTOR XERAL DE LATIDO FILMS, TRATARÁ AS TÉCNICAS DE NEGOCIACIÓN EN CINE DENDE O PUNTO DE VISTA DO VENDEDOR

1 / 04 / 2009

O americano Massimo Saidel, director xeral e socio fundador de Latido Films, empresa catalá referente na distribución de títulos de fala hispana, explicará aos alumnos do Curso de Comercialización Internacional de Contidos Audiovisuais (CICA), o próximo sábado 4 de abril, cómo negociar a venda dunha película, desde antes de acudir a un mercado ata a firma do deal memo, o contrato e o seguimento.

Massimo Saidel, que se ocupou da venda de títulos como é o caso de El método e Todos estamos invitados, entre outros, e algúns de produción galega, como Abrígate ou Para que no me olvides, aportará  a súa experiencia acerca da comercialización de títulos nacionais no estranxeiro.

A saída de produtos audiovisuais españois ao mercado internacional duplicou o seu valor nos últimos oito anos. Segundo a FAPAE (Federación de Asociaciones de Productores Audiovisuales), este crecemento, principalmente de contidos cinematográficos, débese á creación de empresas, como Latido Films, especializadas en exportación.

Latido Films é unha axencia de ventas internacionais que naceu para responder a esta demanda de proxección exterior de películas españolas e latinoamericanas que ocupan un crecente espazo no mercado internacional. Na actualidade é xa un referente de calidade para o resto de países grazas á súa presenza nos principais mercados internacionais. Esta compañía madrileña de ventas internacionais, resultado dun consorcio formado por Tornasol Films, Zebra Producciones e Continental, logrou atraer a atención de países como Francia e Rusia, que realizaron sendas ofertas, coa proxección de Mentiras y gordas no pasado European Film Market de Berlín, celebrado a principios de xaneiro.

A estrea en España desta película dirixida por Alfonso Albacete e David Menkes, produciuse hai apenas unha semana por Sony, con 220 copias.O Festival de Cartagena de Indias que está en plena celebración estes días, amosa en sección oficial os títulos: Forasteros, La buena vida –gañadora este ano do Goya á Mellor Película Hispanoamericana- e El cuerno de la abundancia. Latino estivo tamén presente con estes mesmos títulos no Festival Internacional de Cine de Guadalajara.  

Categoría: Novas
Etiquetas: