“MARXEN” DE GONZÁLEZ BARCELÓ, SELECCIONADO NO FESTIVAL INTERNACIONAL DE VIDEO ACERT

28 / 04 / 2008

A curtametraxe de animación “MarXen” de José Luis González Barceló está seleccionada no festival Internacional de Vídeo Acert en Tondela, Portugal, que terá lugar do 30 de abril ao 3 de maioás 21:45 horas no auditorio 2.
O TOM DE VÍDEO ’08 Festival Internacional de Vídeo ACERT afírmase como “um espaço de demonstração, experimentação e comunicação das novas artes visuais, no qual os criadores têm oportunidade de dar a conhecer os seus trabalhos”.
O Programa inclúe tamén un Masterclass, cun realizador e projectos sorprendentes (Filipe Melo); un workshop de principios prácticos para a escrita de argumentos (Paulo Leite Professor, da Escola Superior de Cinema de Lisboa); un debate e a apresentación do proxecto “Crioulas Vídeo” (Brasil), “Identidades”; unha instalación interactiva “Grass Traces” coa que cada espectador pode interactuar, creando imaxes a partir dese mesmo contacto (Kirk Woolford e Carlos Guedes)

“MarXen (Genetic Sea)” tamén está a participar na convocatoria VIDEOVIDEO, PREMIOS DE CREACIÓN AUDIOVISUAL que ACCIONA presenta, con motivo da celebración da Expo Zaragoza 2008.

A curtametraxe “MarXen” estivo seleccionada no “XIV Certamen de Cortometraje Digital Punta Umbría (Huelva) 2007”, no, en “curtasnarede” (“IV Festival de Cans (Pontevedra) 2007” e participou en festivais e certámenes como “18 Festival Internacional de curta-metragems de Sao Paulo Brazil 2007” nunha versión anterior non definitiva) ou na 23ª edición de Mercado da curtametraxe do “Festival Internacional de Clermont-Ferrand”.

Máis información en:
http://www.acert.pt/tomdevideo08/
www.videovideoacciona.com > “MarXen” pieza # 7
www.joseluisgonzalezbarcelo.com
www.youtube.es/jlgbarcelo

Categoría: Novas
Etiquetas: