Na presentación oficial da 56 edición de Seminci que tivo lugar onte xoves, 13 de outubro, anunciáronse as Espigas de Honra que o festival outorgará nesta edición e que se entregarán ao Presidente da Academia de Cine, distribuidor e produtor, Enrique González Macho e á actriz, Maribel Verdú, en homenaxe as súas carreiras.

Bigas Luna será o padriño desta nova edición que se inaugurará o sábado 22 de outubro, coa longametraxe Habemus Papam, do realizador Nanni Moretti, que acudirá ao festival para presentar o seu último traballo.

A
gala inaugural será presentada polo humorista Leo Harlem, acompañado de Ledicia Sola, que exercerá como presentadora da sección oficial durante o festival.
 
Na presentación tamén se deron a coñecer os integrantes dos diferentes xurados. O Xurado Internacional estará composto pola actriz, directora e guionista, Görel Crona; o director Saad Chraibi; a guionista e directora, Sangeeta Datta; a productora, Luisa Matienzo e o crítico de cine, Kirill Razlogov.
 
O Xurado da sección Punto de Encontro formarano a produtora Puy Oria, o director Santi Amodeo e o xornalista Andreas Ungerböck.
 
A sección documental ‘Tempo de Historia’ contará cun xurado integrado pola cineasta francesa Laurence Jourdan, a directora Pilar Pérez Solano e o realizador, Kees Ryninks.
 
Castilla e León en curta tamén contará cun xurado propio composto polo actor e produtor, Javier Muñiz, o director David Martín Porras e a doutora e profesora de Historia del Arte, María José Martínez Ruiz.
 
O premio á Diversidade Cultural, ao que optan 10 títulos seleccionados entre a programación do certame, estará composto por: Sylvia Perel, fundadora e directora do Festival Internacional de Cine Latino-San Francisco Bay Area; a periodista Georgina Higueras e a novelista, guionista e produtora, Lola Salvador.

Entre as actividades paralelas do festival, cabe destacar a clase aberta ao público que impartirá o director Fernando León de Aranoa, cando se cumpren quince anos do premio que recibiu na Seminci coma Mellor Novo Director, pola súa ópera prima Familia. Esta clase terá lugar o luns 24 de outubro, ás 11.30 horas, na Aula Mergelina da Facultade de Dereito.

O ciclo ‘Realismos contra a realidade. O cine español e a xeración literaria do medio século’ inclúe unha mesa redonda que se celebrará tamén o luns 24 de outubro, ás 17.00 horas, na Aula Mergelina da Facultade de Dereito. En dita mesa participarán os directores Vicente Aranda, Mario Camus, Antonio Isasi-Isasmendi; o escritor, Gustavo Martín Garzo; o crítico José Enrique Monterde; Darío Villanueva, Secretario General da Real Academia da Lingua) e Carlos Aganzo, poeta e director de El Norte de Castilla.
 
A retrospectiva ‘Novísimos. El nuevo cine sueco del siglo XXI’ tamén celebrará unha mesa redonda o xoves 27 de outubro, ás 17.00 horas, no Salón dos Espellos do Teatro Calderón. Participarán nela Fredrik Sahlin, autor do libro editado con motivo do ciclo; Charlotta Denward, representante do Swedish Film Institute; as productoras Stina Gardell e Helena Danielsson, e os directores Johannes Stjärne Nilsson e Ola Simonsson.
 
Con motivo da homenaxe que Seminci realiza a FIPRESCI ao cumprirse 50 años do seu primeiro premio, realizarase un encontro denominado ‘La crítica de cine en el siglo XXI’, que contará coa presenza dos críticos de cine: Quim Casas, Ángel Comas, Carlos Heredero, Fernando Herrero, José Manuel López, Fernando Méndez-Leite, Javier Ocaña, Oti Rodríguez Marchante e José Enrique Monterde. Este encontro celebrarase o domingo 23 de outubro, ás 17.00 horas, no Salón dos Espellos do Teatro Calderón.
 
Ademais celebrarase o XIII Encuentro de Novos Realizadores que esta edición reunirá aos directores David Martín Porras (Stealing Summers), Paula Ortiz (De tu ventana a la mía), Demian Sabini (Terrados), Maru Solores (Camera Obscura) e Elena Trapé (Blog). A cita será o martes 25 de outubro, ás 17.00 horas no Salón dos Espellos do Teatro Calderón.
 
E por último terá lugar o Foro AECID ‘Haití en la memoria’, que analizará o fenómeno das catástrofes naturais e as súas graves consecuencias. En dito foro participarán: Soraya Rodríguez (Secretaria de Estado de Cooperación Internacional) e os directores Mercedes Goiz e Luis Bardón (Winners), Natalie J. Halla (Y también Gaelle), Fernando Guillén Cuervo (Vilaj ) e Roberto Lozano (Los ojos de la guerra). Este foro celebrarase el martes 25 de outubro, ás 17.00 horas no Salón dos Espellos do Teatro Calderón.
 
En canto ás novidades tecnolóxicas, completouse a versión web accesible para móbiles avanzados (smartphones) na que se poderán consultar tódolos contidos da web, incluída a programación diaria do festival. Ademais porase en marcha a tenda online para adquirir a produción editorial do festival.
 
E para finalizar, recordar que hoxe termina o prazo para enviar os traballos que se exhibirán en ‘ValetudoDVD -Ven e estrénate en Seminci’, maratón de curtametraxes que se celebrará o venres 28 de outubro.
 
A información ampliada de cada un dos contidos estará dispoñible na páxina web do festival (www.seminci.es).