Continua o ciclo de conferencias “Voces na néboa: diseccionando o cine de terror” que organiza o Museo Gas Natural Fenosa de A Coruña co coloquio a cargo de Manel Loureiro hoxe, día 2 de maio ás 20.00h. Entrada libre ata completar aforo.

O medo é unha das emocións máis primarias e poderosas que existen, e iso o cine sábeo moi ben. A través dunha serie de conferencias con directores, guionistas e escritores moi relacionados co mundo do terror, diseccionaremos os mecanismos que se utilizan para provocar medo no espectador e realizaremos un apaixonante e amplo percorrido pola historia do cine de terror e as súas conexións con outras artes como a literatura ou a música.

Manel Loureiro

Escritor e xornalista pontevedrés, colabora en diversos medios como o Diario de Pontevedra, ABC ou a Cadena Ser. Traballou como guionista para varios proxectos e como escritor é o creador dunha triloxía de novelas de terror baseadas no mundo zombie (Apocalipsis Z, Los días oscuros y La ira de los justos) que gozan dun éxito espectacular. A tradución ao inglés de Apocalipsis Z converteuse en número un de vendas en Amazon, por diante mesmo de Stephen King. Con Manel falaremos das frutíferas relacións de cine e literatura e repasaremos as adaptacións máis acertadas de literatura de terror ás pantallas. Durante a charla proxectarase diverso material audiovisual para a súa análise.