Mañá, xoves 23 de maio ás 20.00h terá lugar no Colexio de Fonseca a presentación da exposición “Barcelona, a fachada do cinema” coa presenza de Josep M. Queraltó; Juan J. Casares, rector da USC; e Antonio Mourelos, presidente da Academia Galega do Audiovisual. A mostra poderase visitar en Compostela desde mañá ata o vindeiro 30 de xuño, froito dun acordo entre a Fundación Aula de Cine, Acadèmia del Cinema Català e a Academia Galega do Audiovisual, coa colaboración da Universidade de Santiago.

A exposición está composta por máis dunha ducia de pinturas de Josep Marfà nas que se retratan as fachadas de cines de Barcelona de diferentes épocas. Ademais, en Compostela incorpora algunhas novidades xa que se poderán visitar a cámara Prevost Francesa que utilizou Buster Keaton coa película “The Cameraman”; o autómanta de cinematógrafo Lumière; proxector de 35mm kinetoscopio de Edison de 1897; a cámara de Ricardo Baños; dúas lanternas máxicas; varias sombras; e o cartel do Teatro Óptico de proyección de C. Émile Reynaud (1889), entre outras pezas.


Josep M. Queraltó

Josep M. Queraltó e membro da Academia Española de Cine e Membro de Honra da Acadèmia del Cinema Català. É un dos coleccionistas de aparellos e material cinematográfico máis importantes de Europa. Durante máis de 35 reuniu preto de 20.000 pezas relacionadas coa técnica cinematográfica.