¡MALDITO BASTARDO!, GALARDOADO NO FESTIVAL ALICANTINO “NAVIDADES SANGRIENTAS 2008”

5 / 12 / 2008

¡Maldito Bastardo! recibe a mención especial á “Mellor película” no festival alicantino Navidades Sangrientas 2008 (Alicante). A longametraxe máis bizarra do panorama galego, segue percorrendo mundo e gañando recoñecementos alá por onde pasa.
O 19 de decembro exhibirase no festival Navidades Sangrientas, que contará coa presencia do director Javi Camino para recoller a mención especial do xurado á “Mellor película Navidades Sangrientas 2008”. Entre os invitados ao evento tamén estarán outros directores coma Pedro Temboury (“Kárate a muerte en Torremolinos”,”Ellos robaron la picha de Hitler”) ou Sergio Blasco (“Belcebú”).

Categoría: Novas
Etiquetas: