O Notario recibíu xa o 95 % dos votos dos socios da Academia

A Xunta Directiva da Academia Galega do Audiovisual, ven de decidir xa ós profesionais que recibirán cada un dos tres premios especiais que outorga este organismo. Os premios son: o Premio Revelación “Chano Piñeiro” –ó profesional nóvel en calquera das categorías-, e que foi concedido ó director de fotografía Ricky Morgade; o Premio Especial “José Sellier” –á traxectoria empresarial e/ou institucional- que recaíu no Cine Club de Pontevedra, e o Premio de Honra “Fernando Rey”, á traxectoria profesional, que será recibido por Luís Álvarez Pousa.
LUÍS ÁLVAREZ POUSA, O CINE CLUB DE PONTEVEDRA E RICKY MORGADE, PREMIOS ESPECIAIS MESTRE MATEO 03

O Notario recibíu xa o 95 % dos votos dos socios da Academia

A Xunta Directiva da Academia Galega do Audiovisual, ven de decidir xa ós profesionais que recibirán cada un dos tres premios especiais que outorga este organismo. Os premios son: o Premio Revelación “Chano Piñeiro” –ó profesional nóvel en calquera das categorías-, e que foi concedido ó director de fotografía Ricky Morgade; o Premio Especial “José Sellier” –á traxectoria empresarial e/ou institucional- que recaíu no Cine Club de Pontevedra, e o Premio de Honra “Fernando Rey”, á traxectoria profesional, que será recibido por Luís Álvarez Pousa.

Cada un dos elixidos ten sobradas razóns para recibi-los premios que lle foron outorgados, dada á súa sempre decidida actuación en defensa e na promoción do audiovisual dende hai moitos anos, como é o caso de Luís Álvarez Pousa, director da revista de pensamento “Tempos” e profesor da Facultade de Ciencias da Comunicación da U.S.C.

Outro tanto ocorre co Cine Club de Pontevedra, pioneiro en Galicia na divulgación das artes cinematográficas dende tempos nos que difícilmente había acceso ó cine de calidade en ningunha sala galega. E por último, a revelación de Ricky Morgade, actual director de fotografía na serie que emite a TVG producida por Voz Audiovisual, “As leis de Celavella”.

O ano de maior votación por

Esta segunda edición dos “Premios Mestre Mateo 03” que organiza a Academia Galega do Audiovisual, ten este ano o maior índice de participación dos realizados ata agora, mesmo naqueles premios ó audiovisual galego organizados en anos anteriores por outras entidades. Desta volta, o Notario ten xa no seu poder, cando aínda remata mañá venres o proceso de votación, nada menos que o 95 % dos votos que se poden emitir. Isto é unha boa nova que satisface non só á Academia, senón en xeral, ó sector na súa integridade, toda vez que demostra a consolidación tanto dos Premios Mestre Mateo, como do sector audiovisual: a participación dos socios, así o manifesta.