LISTAXE DE CANDIDATURAS DEFINITIVAS AOS PREMIOS MESTRE MATEO 2009

20 / 01 / 2010

A Academia Galega do Audiovisual fixo pública hoxe a listaxe das candidaturas definitivas aos Premios Mestre Mateo 2009. Rematado o luns,18 ás 13 horas o prazo de alegacións estipulado nas bases dos PMM 09 e tralo traballo de avaliación, o total de candidaturas nas 26 categorías do certamen pódense consultar premendo aquí ou na sección Premios Mestre Mateo desta web. Superado este proceso, o seguinte paso na selección dos traballos finalistas terá lugar durante a primeira semana de febreiro co envío dos traballos en dvd a tódolos socios da Academia, e continuará na segunda semana de febreiro co envío das papeletas para verter os seus votos.

Etiquetas: