LIRA SELECCIONADO NO FESTIVAL INTERNACIONAL DE MEDIO AMBIENTE, FIFE

9 / 09 / 2010

O documental “LIRA”, reserva de Vida na costa da Morte, dirixido por Marcos Gallego, resultou elixido entre cerca de tres mil títulos para participar no 28º Festival International du Film d´Environnement, que se vai celebrar entre os días 24 e 30 do próximo mes de novembro no cine La Pagode de París, Francia.

O documental, de 56 minutos de duración, producido por Servicios Audiovisuais Galegos, SAGA TV S.L. coa participación financeira da Televisión de Galicia, TVG, será a segunda ocasión neste 2010 que estea presente nun festival de carácter internacional.

Anteriormente, o documental formou parte da programación do Festival Internacional de Cine y Medio Ambiente de la Ciudad de Zaragoza, ECOZINE 2010.

Categoría: Novas
Etiquetas: