JUAN PABLO ETCHEVERRY IMPARTE UN OBRADOIRO DE ANIMACIÓN PARA NENOS DURANTE A SEMANA OFICIAL DE CURTOCIRCUÍTO

29 / 09 / 2008

O Festival Internacional de Curtametraxes Curtocircuíto, organizado pola Concellaría de Promoción Económica, Emprego, Comercio e Turismo e a Concellaría de Cultura de Santiago de Compostela, volve a reservar un espacio par os máis pequenos dentro do seu programa de actividades como xa ocorrera en 2006 co Seminario de Iniciación á interpretación e co programa de Curtas para Nenos que se iniciou o pasado ano (e que terá continuidade na presente edición). O obradoiro está destinado a nenos de entre 8 e 10 anos e terá lugar nas instalacións da facultade de Ciencias da Comunicación as tardes do martes 21 ao xoves 23 de outubro. O programa consistirá nunha aproximación lúdica á animación en plastilina ca técnica “stop motion” con medios dixitais, modelando, animando e montando unha curta que se proxectará na Gala de Clausurará, o 24 de outubro.

Entre outros galardóns, Etcheverry foi nomeado aos premios Goya en dúas ocasións e gañou o Premio á Mellor Curtametraxe da Academia do Cine Europeo ca súa curta “Minotauromaquia”. Etcheverry conta tamén cunha ampla experiencia como docente impartindo obradoiros e charlas en escolas e congresos.

Nesta V edición de Curtocircuíto, organizado polo departamento de dirixe o nacionalista Xosé Manuel Iglesias , realizaranse 3 obradoiros de Formación máis: unha “master class” sobre animación para os alumnos de Comunicación Audiovisual da USC, tamén da man de Etcheverry; o obradoiro “Cinemar: Postproducción e mestura de son”, impartido nas modernas instalacións do estudio e a masterclass de “Estereoscopía” que traerá a Santiago de Compostela as últimas novidades de cinema en 3D.

As prazas para tódolos obradoiros son limitadas. Xa é posible formalizar a inscrición a través da web do festival www.curtocircuito.org onde tamén se pode atopar toda a información sobre os obradoiros, o concurso de curtas e as demais actividades de Curtocircuíto.

Categoría: Novas
Etiquetas: