O Consello da Xunta de Galicia aprobou onte, 25 de outubro, o cese de Juan Carlos Fernández Fasero como director da Axencia Galega dás Industrias Culturais (AGADIC), que se fixo efectivo hoxe, día 26, trala súa publicación no Diario Oficial de Galicia. A súa marcha débese a motivos persoais, xa que se vai a incorporar como responsable da delegación da SGAE na zona Noroeste.

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta, da que depende AGADIC, agradeceu o labor desenvolvido por Fernández Fasero na súa etapa á fronte da Axencia, que se iniciou en xullo de 2009, e valorou “moi positivamente a súa achega, sempre desde a responsabilidade, para o mantemento da actividade cultural dependente da Axencia, especialmente nestes momentos de crise económica”. Tamén lle desexou “moito éxito nos novos retos que vaia a asumir”. Antes do seu incorporación a AGADIC, Fernández Fasero ocupou cargos de responsabilidade na Asociación Galega de Empresas Musicais (AGEM) e na Asociación Galega de Productoras Fonográficas (Agaphono).