José María Irisarri, presidente de Onza Partners, estará o vindeiro mércores 23 de abril no Máster en Produción e Xestión Audiovisual (MPXA), título propio da Universidade da Coruña que desenvolve a Fundación Santiago Rey Fernández-Latorre, para impartir o foro “Media Partners: Internacionalización e emprendemento”.

Durante o encontro Irisarri fará unha análise do panorama audiovisual en España e analizará as tendencias do sector cara á internacionalización de contidos e o uso das novas tecnoloxías.

O presidente de Onza Partners tamén falará das posibilidades dos negocios dixitais baseados en Internet; así como o auxe do streaming e a nube no negocio audiovisual a través dos casos de OTT Plataforma de Contenidos e Live Audiovisual, respectivamente.

Licenciado en Dereito e Doctor en Comunicación, ocupou a presidencia de Vértice 360 e foi socio fundador e presidente da distribuidora e productora de cine e televisión Notro Films. Ademais, foi socio fundador e conselleiro delegado de Globo Media e Grupo Árbol.