Manuel Cristóbal, produtor de Noise Box Entertainment, impartirá o vindeiro martes 26 de novembro un módulo sobre animación no Máster en Produción e Xestión Audiovisual (MPXA), título propio da Universidade da Coruña que desenvolve a Fundación Santiago Rey Fernández-Latorre.

Cristóbal, produtor de Planet Play, analizará o modelo de negocio en producións de animación, explicará como dimensionar e posicionar un proxecto destas características no mercado e tratará aspectos como as estratexias de marketing de financiamento e de lanzamento a través do estudo do caso Enrugas.

Manuel Cristóbal creou Perro Verde Films en 2007 e dende esa productora foi responsable de títulos como a multipremiada Enrugas, que ganou dous Goya 2012 a Mellor Película de animación e ao Mellor guión adaptado; El lince perdido, unha coprodución con Antonio Banderas gañadora tamén do Goya á Mellor película de animación en 2008; Los muertos van deprisa, La noche que dejó de llover e Gritos en el pasillo. Ademais, é vicepresidente da Asociación Española de Produtores de Animación (AEPA), vicepresidente de Novas Tecnoloxías e membro da Xunta Directiva da Federación de Produtores Audiovisuais de España (FAPAE) e da European Film Academy.

O xoves 28 de novembro, Javier Pérez de Silva, CEO da productora La Competencia, analizará o proceso de produción de entretemento e explicará as claves para a creación e xestión de formatos de entretemento . Pérez de Silva traballou como director de contenidos en El Mundo TV dende 2000 ata 2004, ano no que foi nomeado director xeral de Extra TV-Producciones 52. En 2008 creou Pulso TV, productora dende onde lanzou programas como After hours, I love Escassi, Siete días, siete noches e Equipo de investigación. En xullo de 2011 fundou xunto a Joaquín Zamora e Íñigo Pérez Tabernero La Competencia, productora de entretenimiento asociada con Televisa, responsable de títulos como Padres Lejanos, Password ou a serie Con el culo al aire.

Pérez de Silva, premiado en 2006 pola Academia de Televisión como unha das 50 persoas con mayor coñecemento deste medio en España, é autor de varios libros sobre o sector: La televisión ha muerto, La televisión contada con sencillez e El periodismo en la TV digital.