O próximo día 1 de novembro, a AAAG celebrará as IV XORNADAS DE TEATRO en Ourense, dentro da programación do Festival Internacional de Teatro de Ourense (FITO).
Nestas cuartas Xornadas o tema a desenvolver vai ser “O panorama da negociación colectiva de actores e actrices de teatro nas distintas Comunidades Autónomas”.

Participarán Eva Parra, Secretaria de Acción Sindical de FAEE (Federación Estatal de Artistas Españoles); Isabel Requena, Copresidenta de OSAAEE (Organización de Sindicatos de Actores e Actrices del Estado Español), e en nome da entidade organizadora, o presidente da AAAG, Vicente Montoto.

Esta xornada desenvolverase o sábado, ás 12h. da mañá, na Sala Vermella do Auditorio Municipal de Ourense. A entrada é totalmente libre.

As IV Xornadas de Teatro da Asociación de Actores e Actrices de Galicia, contan co patrocinio da AGADIC e de AISGE, e a colaboración do FITO.

Datos de contacto: Asociación de actores e actrices de Galicia Campo do Cruceiro do Gaio, 7 – 1º 15.705 Santiago de Compostela Teléfono: 981 593 829 Correo-e: info@aaag.es Web: http://www.aaag.es