IV Encontro de Academias de Cine Ibéricas

28 / 05 / 2021

Do 26 ao 28 de maio a cidade de Barcelona acolleu o IV Encontro de Academias de Cine da Península, organizado pola Acadèmia del Cinema Català. Nel estiveron presentes Lourdes Palacios e Enrique Iznaola, da Academia de Cine de Andalucía; Aureliano Rodríguez e Graciela Mier da Academia de Cine Asturiano;  Jesús Marco e Santiago Fuster, da Academia de Cine Aragonés; Diogo Camoes, da Academia Portuguesa de Cinema; Pep Llopis e Laura Pérez, da Acadèmia Valenciana de l’Audiovisual ademais da Xunta Directiva da Acadèmia del Cinema Català. A Academia Galega do Audiovisual estivo representada por Miguel Mariño, director, e Marisela Lens, xerente.

Marisela Lens e Miguel Mariño. Fotografía: Acadèmia del Cinema Català

Unha cita anual que reúne ás academias da península para intercambiar experiencias e articular accións coordinadas para a visibilización e o recoñecemento da diversidade cinematográfica, na que Isona Pasola se despedía da presidencia da Acadèmia del Cinema Català, cargo que ostentaba desde 2013. 

IV Encontro de Academias de Cine Ibéricas. Fotografía: Acadèmia del Cinema Català

O programa de actividades iniciábase coa benvida a cargo de Isona Passola e Miquel Curanta, director do Institut Català de les Empreses Culturals, seguida da conferencia inaugural El iberismo como idea y como proyecto, a cargo de Ramón Villares, Catedrático de Historia da Universidade de Santiago de Compostela e ex-presidente do Consello da Cultura Galega, coescrita co historiador catalán Josep Fontana.

Pola tarde, a Sala Montcada do Hotel Duquesa de Cardona, acolleu unha ponencia a porta pechada sobre o Estatuto do Artista, na que interviron Gemma Sendra, Rexedora do Concello de Barcelona e ex-presidenta do CoNCA e Àlex Casanovas, presidente da Asociación de Actores e Directores Profesionais de Cataluña.

O 28 de maio abordáronse as conclusións e liñas de actuación conxuntas acordadas polas persoas asistentes.

Categoría: Novas
Etiquetas: