A Academia Galega do Audiovisual continúa esta semana celebrando as Xornadas que analizan a situación do audiovisual galego. Os vindeiros mércores e xoves, 20 e 21 de xuño, os temas das mesmas serán As Institucións e Os Profesionais respectivamente, que serán quen de poñer sobre a mesa a súa visión do sector dende a perspectiva que ocupan social e sectorialmente INSTITUCIÓNS E PROFESIONAIS DEBATEN A SITUACIÓN DO AUDIOVISUAL GALEGO NA DERRADEIRA SEMANA DAS XORNADAS O ESTADO DAS COUSAS

A Academia Galega do Audiovisual continúa esta semana celebrando as Xornadas que analizan a situación do audiovisual galego. Os vindeiros mércores e xoves, 20 e 21 de xuño, os temas das mesmas serán As Institucións e Os Profesionais respectivamente, que serán quen de poñer sobre a mesa a súa visión do sector dende a perspectiva que ocupan social e sectorialmente. A estas Xornadas que levan por título O ESTADO DAS COUSAS, asisten os socios e socias da Academia Galega do Audiovisual. A pasada semana debateuse o tratamento dos Medios de Comunicación e o papel que estes desenvolven en relación ó audiovisual galego, así como a situación do sector dende a visión meramente cultural. As Xornadas celébranse en Santiago, de 19:00 a 21:00 hs., no Club Internacional de Prensa en Santiago, na Avda. da Coruña nº 6.

Esta derradeira semana de Xornadas, o Programa é o seguinte:

20 DE XUÑO, mércores

19.00 a 21.00 H. Mesa redonda: INSTITUCIÓNS.

Pedro J. Caldas García, Subdirector de Programas de Acceso ó Crédito, Área de financiamento do IGAPE
Manuel Fernández Iglesias, Director Xeral de Comunicación Audiovisual, da Secretaría Xeral de Comunicación
Manuela Fraguela, Subdirectora Xeral de Promoción Industrial e Comercio Exterior da Consellería de Innovación e Industria
Eduardo Galán, Director de programas TVG
Manuel González, Asesor de audiovisuais Consellería de Cultura e Deportes
Paco Lodeiro. Moderador

21 DE XUÑO, xoves

19.00 a 21.00 H. Mesa redonda: PROFESIONAIS

Jorge Algora, Vicepresidente AEGA (Asociación de Empresas Galegas do Audiovisual)
Dolores Ben, Presidenta AGAPI (Asociación Galega de Produtores Independentes)
Héctor Carré, Presidente CREA (Asociación de Directores e Realizadores galegos)
Beatriz Legerén, Presidenta EGANET (Empresas Galegas Adicadas a Internet)
María Liaño, Presidenta ATEGA (Asociación dos Técnicos de Galicia do Audiovisual)
Vicente Montoto, Presidente AAAG (Asociación de Actores e Actrices de Galicia)
Pancho Casal, Vicepresidente Clúster Audiovisual Galego
Xosé H. Rivadulla Corcón, Presidente AGAG (Asociación Galega de Guionistas)
Carlos Ares. Moderador