INDALECIO REGUEIRA IMPARTE UN CURSO DE ORTOFONÍA

1 / 09 / 2010

Indalecio Regueira, actor de dobraxe, presenta un curso de Ortofonía dedicado ao coidado e desenvolvemento da voz tanto falada como cantada. O curso está dividido en catro apartados (Respiración, Dicción, Vocalización e Ritmo), e está dirixido a todas as persoas, sen excepción, que queiran corrixir, manter, coidar, desenvolver, ampliar e colocar a súa voz para unha mellor utilización.

O espazo onde se levarán a cabo as clases deberá ter espellos, e unha superficie suficiente para que os alumnos poidan camiñar libremente. Cada alumno terá que dispoñer, ademais, dunha colchoneta e dun pupitre, e levar papel, lapis e goma de borrar. As clases durarán 3h. cun descanso de 15 minutos aproximadamente,  e o número de alumnos será dun máximo de 15 e un mínimo de 10.

Toda a documentación necesaria para os alumnos será personalizada polo profesor, e correrá pola súa conta o deseño e o contido. Aquelas persoas que estean interesadas poderán poñerse en contacto co profesor, Indalecio Regueira, escribindo a lezo60@hotmail.com ou chamando ao 669.34.53.00.

 

 

Categoría: Novas
Etiquetas: