“O AUDIOVISUAL NON TEN QUE SER UNHA EXCEPCIÓN, SENÓN UNHA REALIDADE EN TÓDOLOS EIDOS SOCIAIS”
Inaugurado o “Foro pola Excepción e a Identidade Cultural” na Coruña
Ás 10 da mañá quedou inaugurado o Foro Academia Aberta “Pola excepción e a identidade cultural”, que un ano máis organiza a Academia Galega do Audiovisual. Manolo Gómez, o seu Presidente, Carmen Marón, Concelleira de Educación e Cultura do Concello da Coruña, e Enrique González Murga, subdirector xeral de telecomunicacións e audiovisual –que representaba á Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo e máis ó Consorcio do Audiovisual Galego-, foron os encargados de inaugurar este evento que dende hoxe e ata o venres 23 de abril, encherá en xornadas de mañá e tarde de mesas redondas que abranguerán distintos temas que atinxen ó sector, encol do seu enunciado.
“O AUDIOVISUAL NON TEN QUE SER UNHA EXCEPCIÓN, SENÓN UNHA REALIDADE EN TÓDOLOS EIDOS SOCIAIS”
Inaugurado o “Foro pola Excepción e a Identidade Cultural” na Coruña

A Coruña, mércores 21 de abril 2004.- Ás 10 da mañá quedou inaugurado o Foro Academia Aberta “Pola excepción e a identidade cultural”, que un ano máis organiza a Academia Galega do Audiovisual. Manolo Gómez, o seu Presidente, Carmen Marón, Concelleira de Educación e Cultura do Concello da Coruña, e Enrique González Murga, subdirector xeral de telecomunicacións e audiovisual –que representaba á Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo e máis ó Consorcio do Audiovisual Galego-, foron os encargados de inaugurar este evento que dende hoxe e ata o venres 23 de abril, encherá en xornadas de mañá e tarde de mesas redondas que abranguerán distintos temas que atinxen ó sector, encol do seu enunciado.

Manolo Gómez, que abríu o acto, insistí una importancia deste evento para o sector, salientando que o audiovisual non ten por qué ser unha excepción na realidade social, senón unha realidade mesma que precisa cada vez unha maior articulación e desenvolvemento, de cara a consolida-lo espacio que ocupa tanto no eido cultural como no industrial e económico. Dixo tamén que este é unha das importantes actividades da Academia Galega do Audiovisual, como plataforma que aglutina a tódolos sectores profesionais relacionados co Audiovisual, e que polo tanto, continuará a ser esta “Academia Aberta” un punto de encontro de todos eles co fin de lle dalo protagonismo debido ó sector no sendeiro da súa consolidación. “Temos que deixar como herdanza para o futuro, un sector consolidado en tódolos eidos e cos piares ben asentados, e ese é un dos nosos compromisos”.

Pola súa parte, Carmen Marón agradeceu á A.G.A. e a Manolo Gómez como representante, o ter escollida a cidade da Coruña para celebrar este acto, e concretamente á Fundación Luís Seoane, dado que malia ser unha entidade nova no tempo, quere abrirse a tódalas manifestacións artísticas, ser unha entidade plural culturalmente e ó servicio da sociedade. Salientou a importancia do sector audiovisual non só polo mero feito de ser unha importante expresión da creatividade, senón pola súa importancia económica como xeradora de emprego e de postos de traballo. “O cine é unha ferramenta útil tanto pola creación en si como pola súa capacidade de ser un documento histórico a termos en conta. Galicia debe ser un escenario contínuo no que converxan ideas, proxectos, e onde se convertan actos coma esta Academia Aberta en algo habitual”. Fixo mención tamén ás declaracións feitas pola nova Ministra de Cultura na súa toma de posesión, na que afirmou que a cultura é un dereito, un deber dos cidadáns. Apostou tamén polo compromiso co sector non só das institucións públicas, senón tamén dos sectores privados, na medida en que émbolos converxen no destino final: na sociedade.

Enrique González Murga felicitou tamén á Academia Galega do Audiovisual por manter esta iniciativa da Academia Aberta, en torno ademais a este título “sugerente como é a identidade cultural que, consideramos, debe selo criterio diferenciador que xustifique non só a protección do sector audiovisual, senón tamén o seu impulso e fomento por parte das distintas administracións públicas”. “A Consellería de Cultura, dixo, puxo en marcha unha serie de mecanismos e instrumentos capaces de dinamiza-lo sector, creando as bases e condicións para que o audiovisual galego puidese comezar un desenvolvemento progresivo e firme, co esforzo combinado de tódolos axentes interesados”.
Sobre os investimentos, lembrou González Murga que “se no 2003 o investimento xerado polos proxectos audiovisuais nos que participaban Productoras galegas acadaron a cifra de preto de 30 millóns de ¤, neste ano 2004, no que levamos de ano, sendo moi semellante o número de proxectos presentados ás convocatorias de axudas públicas, obsérvase que case se duplica o investimento, situándose en torno ós 60 millóns de ¤. Se ben nunca acaderémo-los investimentos do sector nin os medios das produccións americanas, esas carencias témolas que suplir coa creatividade, elemento indispensable para o futuro éxito das produccións que, ó noso xuízo, terán que ter presente a nosa identidade cultural.