David Rubín e Alberto Taracido comenzaron coa súa charla o IX Encontro Galego de Ilustración, que organiza a AGPI (Asociación Galega de Profesionais da Ilustración), que se celebra hoxe no Centro Cultural Novacaixagalicia, na céntrica rúa do Vilar, en en Santiago de Compostela. Neste primeiro acto David Rubín bromeu por ser esta unha xornada adicada enteiramente a animación “nuns tempos de declive absoluto da industria da animación galega”. Para iso, expresou a súa satisfacción por “poder ter deixado ese rol profesional de lado para agora adicarme enteiramente o comic, que dame máis satisfacción”.

Os problemas de producción dos proxectos audiovisuais e a práctica destos proxectos, a “dura” conxunción dos equipos de traballo e compañerismo tamén foi comentada por Rubín e Taracido. Pola súa parte, Taracido afirmou que unha das cousas máis difíciles no traballo audiovisual da animación é a “dinámica louca” de traballo. Asimesmo, denunciou que “a cultura para certos políticos é simplemente entretemento” e rompeu unha lanza pola salida da crise no sector: “Unha crise é unha crise e de seguro que imos salir”. Por iso aboga por facer nestes intres na súa carreira proxectos curtos e “nada de catro anos como facíamos noutros tempos, ainda que voltaremos a facelos, de seguro”.

Aspectos de composicións de guións e “story boards”, estilos, dirección de arte e conceptos na producción, creación de personaxes (ou mellor Dito “autores”, segundo Taracido) tamén foron aspectos claves da súa charla. Do mesmo xeito, amosaron ó numeroso publico que escoitou atentamente á súa hora de coloquio un novo proxecto común entre Taracido e Rubín que “non queremos sacalo en España porque non nos fiamos das productoras nestos tempos tan difíciles”, queixouse Taracido. Asegurou que hai posibilidades en Brasil para a súa posta en marcha, ademáis de ter “un par de noivas en Europa”.

Tamén queixouse de que “non é o mesmo presentar un proxecto fora do pais e sair e catro revistas especializadas, que presentalo en España”. “Así despois aquí fante moito máis caso e terá máis éxito”, asegurou.       

Esta xuntanza que se celebrou o pasado sábado día 27 de outubro no Centro Cultural Novacaixagalicia  será o noveno ano consecutivo que se leva a cabo, e conta exposicións de persoas xa consolidadas no sector da ilustración e nas diferentes disciplinas que abrangue os debuxos animados —animación en 3D, en 2D ou en «stop motion»— como o son David Rubín, Alberto Taracido, Virginia Curiá, Tomás Conde, Alberto Vázquez e Julián Romero, quen analizarán, entre as súas vivencias, os factores económicos, legais e sociais que está atravesando o sector na actualidade.

Estes autores suman entre sí a friolera de 5 Premios Goya –Dous en O Bosque Animado, e un en O soño da Noite dunha San Xoán, Planet 51 e Psiconautas, respectivamente–, así como 5 Premios Mestre Mateo –Dous en O soño dunha Noite de San Xoan e tres en diversas curtametraxes–, co que dito Encontro será dos máis interesantes dos últimos anos nos que, entre outros, tamén participaron como conferenciantes e homenaxeados Forges ou Siro López.  

Máis información: www.agpi.es