GOYO QUINTANA ABORDARÁ NO MPXA O MODELO DE PRODUCIÓN EXECUTIVA DE FICCIÓN EN TELEVISIÓN

6 / 05 / 2013

Goyo Quintana, director xeral de ficción de Ida y Vuelta e do Grupo Boomerang TV, estará o vindeiro venres 10 de maio no Máster en Produción e Xestión Audiovisual, título propio da Universidade da Coruña que desenvolve a Fundación Santiago Rey Fernández-Latorre, para falar do proceso de produción de fición e entretemento na televisión española.

O director xeral de ficción do grupo Boomerang TV fará un percorrido polo proceso de creación e produción dun formato de fición, centrándose no papel do produtor executivo, os equipos de traballo e a relación cas canles de televisión. Ademais, analizará a situación actual da ficción española e abordará o futuro do entretemento e a importancia de coñecer o público á hora de crear un formato de fición para televisión en España.

Quintana traballou en Televisión Española como realizador de programas como “El Precio Justo” ou “Un, dos, tres”, e foi director e guionista de “Crónicas urbanas” e “A su servicio”. Tamén exerceu como director de ficción e entretemento en Videomedia. Durante este período foi o responsable de series como “Hermanas” ou “Hospital Central” para Telecinco, e programas como “La noche prohibida” ou “Esta noche sexo” para Antena 3. Actualmente, como director xeral de ficción de Ida y Vuelta e do Grupo Boomerang TV, puxo en marcha títulos como “El secreto del Puente Viejo”, “El tiempo entre costuras”, “Los protegidos” ou “Física o Química” para Antena 3, “Motivos personales” e “Acusados” para Telecinco, ou “Los misterios de Laura” para TVE, entre outros proxectos.

Categoría: Novas
Etiquetas: