FRANCIS FORD COPPOLA PREMIA A CURTA “DULCE” DE IVÁN RUÍZ FLORES

13 / 10 / 2011

A curtametraxe producida por AniuR Creativos Audiovisuales e subvencionado pola Comunidade de Madrid resultou vencedora da I Edición del HAB Film Festival (www.habfestival.com), que acaba de celebrarse en Venecia – 8 e 9 de outubro – e cuxo Xurado estaba presidido por Francis Ford Coppola.

Normal 0 21 false false false MicrosoftInternetExplorer4 st1\:*{behavior:url(#ieooui) } /* Style Definitions */ table.MsoNormalTable {mso-style-name:”Tabla normal”; mso-tstyle-rowband-size:0; mso-tstyle-colband-size:0; mso-style-noshow:yes; mso-style-parent:””; mso-padding-alt:0cm 5.4pt 0cm 5.4pt; mso-para-margin:0cm; mso-para-margin-bottom:.0001pt; mso-pagination:widow-orphan; font-size:10.0pt; font-family:”Times New Roman”; mso-ansi-language:#0400; mso-fareast-language:#0400; mso-bidi-language:#0400;}

 

 

Mediante vía skype, o oscarizado cineasta estadounidense Francis Ford Coppola proclamou Dulce como a obra gañadora do certame, da que destacou a coidada sinxeleza da súa realización e a gran sensibilidade do argumento.

Con este recoñecemento, a cinta escrita e dirixida por Iván Ruiz Flores e protagonizada por Pedro Peña, Fely Manzano, Santiago Díaz, Miriam Martín e Asunción Balaguer obtén o seu premio número corenta e dous dende a súa estrea o pasado mes de marzo no Círculo de Belas Artes de Madrid.

A cidade estética da película na excelente artesanía da súa directora de arte, Ana Laguarta e a impresionante fotografía de Carmelo Barberá fabrican un entorno cálido para a escea que baña aos protagonistas da historia. A prodixiosa voz de Asunción Balaguer introdúcenos e despide de este relato íntimo e próximo

Plagada de momentos fondos vividos por dous avós e dous nenos doces e entrañables, unha acertada elección da directora de casting Orisel Gaspar, o relato avanza entre sensacións que atrapan e conmoven ao espectador apoiado na elegante música de Lolo Moldes.

Iván Ruiz Flores sella unha cinta de impecable factura, concedendo protagonismo aos sentimentos. Dulce “é unha fábula acerca do namoramento. Esta enfermidade transitoria é a que padecen Verónica e Diego, nenos octoxenarios; e Adrián e Andrea, avós que a penas alcanzan os dez anos. Unha cena e un xogo reavivan os recordos dos más vellos e reactivan a imaxinación dos máis xoves. En Dulce, cada palabra adquire un gran sentido e os grandes sentimentos se transforman en pequenos xestos”.

Este importante premio concedido polo cineasta Francis Ford Coppola  únese ao colorido recorrido da curtametraxe Dulce cosechando reputación para o director Iván Ruiz Flores, a súa produtora AniuR Creativos Audiovisuales e o talentoso equipo de creadores que lle  foi dando vida.

O director fuenlabreño espera que a personalidade e a traxectoria desta e outras curtametraxes anteriores como La Culpa del Otro o Mie2 axuden a encontrar o financiamento necesario para poder acometer a rodaxe da súa primeira longametraxe cinematográfica titulado Sin querer, cuxo guión está agora mesmo en fase de elaboración e do que, en breve, se dará maior información.

 

Categoría: Novas
Etiquetas: