FORO DE PRODUCIÓN ANIMAZINE 2014

15 / 01 / 2014

Recordámosvos que o próximo día 24 deste mes de xaneiro finaliza o prazo de inscrición de Proxectos e de Compañías Interesadas, que desexen participar no Foro de Produción de Animazine.

O foro de produción Animazine ofrece ás produtoras españolas e latinoamericanas unha plataforma de negocios en reunións “one-to-one”, co fin de atopar compañías interesadas en proxectos de longametraxes cinematográficas con potencial transmedia e capacidade de marca.

As inscricións tanto de produtoras españolas e latinoamericanas con proxectos, como de compañías interesadas é totalmente gratuíta.

As produtoras españolas e latinoamericanas con proxectos deben cumprimentar o correspondente formulario a través da páxina web http://www.festivaldemalaga.com/index.php?seccion=animazin

As compañías interesadas  en participar no Foro deberán comunicalo obrigatoriamente vía email a foroanimazine@festivaldemalaga.com con anterioridade ao 24 de xaneiro.

Ata o día de hoxe, 15 de xaneiro, recibíronse inscricións de Proxectos de longametraxes

de animación para a súa selección, procedentes de destacadas empresas productoras de España, Arxentina, Brasil e Colombia e así mesmo confirmaron a súa participación importantes Compañías Interesadas tanto españolas como latinoamericanas de sectores da produción, distribución, editorial, licenzas e marketing.

Para calquera información complementaria pode consultar bases e convocatoria na nosa páxina web http://www.festivaldemalaga.com/index.php?seccion=animazine ou poñerse en contacto connosco a través deste email ou de foroanimazine@festivaldemalaga.com

Categoría: Novas
Etiquetas: