O vindeiro mércores 5 de febreiro de 10 á 13.30h, celebrarase un foro impartido por Francisco Sierra, director de contidos de Atresmedia  Digital, sobre a televisión no entorno dixital e que está organizado polo Máster en Produción e Xestión Audiovisual, que terá lugar no Museo Santiago Rey Fernández – Latorre en Arteixo.

Baixo o título “Enredando en la Tele”, o director de contidos de Atresmedia Dixital falará da televisión no entorno dixital: a televisión social e os contidos multiplataforma.

A inscrición é gratuíta. Débese confirmar asistencia no mail mpxa@udc.es