O Foro Academia Aberta 07, celebrado en Santiago de Compostela, estivo dedicado a “A televisión dixital en Galicia, novas tecnoloxías, novos servizos”. O vicepresidente da Academia, Pepe Coira, subliñou, na presentación do Foro, o esforzo feito pola Academia para reunir, por primeira vez, a todos os concesionarios das licenzas de TDT en Galicia coa intención de que debateran abertamente as súas visións do negocio da televisión dixital, á vez que intercambiaran as súas experiencias cos expertos e profesionais do resto do estado.
O Foro intentou botar luz sobre os principais interrogantes que xorden en relación a estes novos medios de comunicación. Para tal fin, a Academia deseñou un programa amplo e plural, no que tamén amosáronse exemplos de novas empresas en marcha no eido da televisión dixital e internet dentro e fóra da nosa comunidade.
Patrocinadores
Galería FAA 07
{morfeo 31}