Filmax estrea hoxe a súa primeira tv movie, dirixida por Manuel Carballo, “La posesión de Enma Evans” nos cines Filmax Pontiñas en Lalín, ás 20.45 horas. As 19.00 horas, darase unha rolda de prensa nas instalcións dos cines na que estarán presentes Inmaculada Castaño (Delegada de Filmax en Galicia), Pepe Coira (Coprodutor executivo), Alfonso Agra (actor) e Rosa Vilas (Directora da Televisión de Galicia). O tráiler da película pode verse no seguinte enlace http://www.youtube.com/watch?v=XoTwRlm7qvg.