XIV SEMANA DE CINE DE BETANZOS

3 / 11 / 2015

No 2014 a Semana de Cine de Betanzos dedicou as súas catro xornadas a profundizar na aportación ao cine do polifacético Luís Eduardo Aute, quen recolleu o seu premio de mans da actriz Pastora Vega. Proxectáronse as súas curtametraxes experimentais e as súas películas de animación debuxada, así como tamén algunhas das cintas ás que puxo banda sonora (“Emilia, parada y fonda”, de Angelino Fons; “Cleopatra”, de Joseph Mankiewicz).

Como novidade, a organización achegou a A Coruña a firma do libro de Aute “Claroscuros y otros pentimentos”.