FREAKEMACINE – FESTIVAL DE CINEMA FANTÁSTICO DE A CORUÑA

3 / 11 / 2015

A terceira edición do Festival de Cinema Fantástico de A Coruña contou cunha axenda variada e para tódolos públicos: o concurso internacional de curtametraxes, as estreas e as exhibicións de filmes de culto e os obradoiros, despuntando neste último termo a presenza de Colin Arthur, profesional dos efectos especiais, e de May Heatherley quen presentou “Pieces/Mil gritos tiene la noche (Juan Piquer Simón, 1982) na cerimonia de clausura celebrada no Museo de Arte Contemporánea Gas Natural Fenosa.

Destacar a Vídeo-Regueifa, formato híbrido entre o show e a charla onde os dous convidados David Rubén e Hevi prepararon unha selección de vídeos de internet ao redor da temática “Mutantes e Mutacións” e os proxectaban de forma alternada. Tamén se celebrou a xa tradicional Zombiewalk, marcha que percorre as rúas do centro de A Coruña e que nesta edición tivo a temática de “O circo dos horrores”.