CURTOPÍA

3 / 11 / 2015

O festival con preferencia polo formato curto e documental cunha ollada ao social e ao experimental. Na súa cuarta edición incluíu diversas mostras como as perspectivas das loitas sociais, o intento de control do noso corpo, as webseries, os desfiuzamentos ou os traballos en torno ao poema “Nimbos” de Díaz Castro. Subliñar a retrospectiva documental ao redor do Val Miñor co cineasta Antonio Caeiro e o proxecto Super 8 Valadares de recuperación da memoria da parroquia.

A programación complementouse cos obradoiros de “Videocreación con Videodinamizarte” e “Openframworks con H. González” e os concertos de David Regueiro Quartet e Phanthom Dragsters.