O Festival reinventouse na súa segunda edición e diversificou a súa oferta cara contidos dixitais de todo tipo. Contouse cun amplo programa de actividades adicionais tales como charlas, coloquios, actuacións musicais e espectáculos diversos que contaron con moitas personalidades.
Subliñar a estrea de “Entertainment”, o novo proxecto dos responsables de “Malviviendo”, a visita de Belén Santa-Olalla e Joan Carles Martorell, a sesión de Código Fonte Audiovisual con Belén Regueira, a visualización dos traballos dos alumnos dos cursos formativos realizados ao longo do ano no FormaCIP e o proxecto de recuperación da memoria visual de Carballo.
A competición de series estivo conformada por máis de 40 traballos, 15 deles na categoría internacional creada neste 2015. Na gala de entrega de galardóns os Irmáns Lumieira exerceron de mestres de cerimonias.