A cineasta e actriz Laura Mañá foi onte a gran triunfadora do X Festival Europeo de Cine para Televisión Zoom 2012, ao recoller tres premios pola súa cinta “Concepción Arenal, la visitadora de cárceles”.

Segundo informou o certame, a presente edición do Zoom Festival consolidouse como un referente no panorama da ficción televisiva, ao converterse en “escaparate de estreas das mellores producións a nivel europeo e un lugar de encontro de profesionais”.

O xurado oficial, que este ano estivo composto por Jaume Santacana, Rafa Montesinos, Roger Coma, Carmen Fernández Villaba y Assumpta Serna, otorgou dous dos premios Zoom ao traballo de Laura Mañá (Mellor Telefilme e Mellor Director), que tamén foi distinguida polo xurado xoven.

O premio Mellor Miniserie foi a parar para Olor de Colónia, dirixida por Joseph Mª Güell; e o de Mellor Guión para Voices from the past, dirixida por Franziska Melentzky.

O xurado da crítica composto por Toni de la Torre, Cipriano Torres, Pepe Colubi e Manuel de Luna, distinguiu o premio á Mellor Serie Española estreada na tempada 2011-2012 a Gran Hotel.