Estrea da nova serie da Galega, OS ATLÁNTICOS

8 / 01 / 2008

O luns 7 de xaneiro arrincou na Galega a serie coproducida por Filmanova e Continental.

OS ATLANTICOS é unha serie de corte costumista con idea orixinal de Antón Reixa e Xosé Morais. Datos da Serie

* Título: OS ATLÁNTICOS

* Xénero: Comedia/drama

* Público: Familiar

* Horario: Prime time: 22h

* Nª capítulos: 13

* Duración por capítulo: 60 minutos

* Sistema de gravación: BETACAM Digital

* Canle de emisión: Televisión de Galicia (A Galega)

* Producida por: Filmanova e Continental

Argumento

Os Atlánticos é o nome dunha pequena orquestra de verbenas, máis ben un grupo ou conxunto que percorre percorre Galicia co seu camión-escenario para tocar nas festas.

Son cinco músicos, e cada un ten o seu traballo á marxe da orquestra. E a súa vida.

Estilo da serie

Cinco vidas. Cinco personaxes moi diferentes entre si cunha única cousa en común: tocan na orquestra Os Atlánticos e viven na mesma vila.

A serie é un dramedia clásico que mesturará xéneros, desde o drama á comedia e desde o serial sentimental ó musical, e estará percorrida por unha trama arco con certo ton de thriller.

Será unha serie eminentemente coral, aínda que, se tivesemos que escoller a un protagonista entre eles, sería Carlos, o líder da orquestra e referente básico para os demais personaxes.

Seguiremos ós cinco personaxes e ás súas vidas, que estarán sempre interconectadas a través de orquestra e das sesións de traballo no local de ensaio.

En cada episodio haberá unha actuación musical.

En cada tempada a orquestra fará algunhas viaxes e actuará noutros escenarios galegos, favorecendo así a itinerancia e a identificación do público.

Costumismo

A serie está marcada polo costumismo. Aínda que o arco principal está estructurado coma un thriller, baséase en feitos cotiás e recoñecibles polo espectador, pois pretendemos que a identificación sexa a base argumental da serie.

Haberá historias en torno á orquestra e as súas peripecias por Galicia, pero, sobre todo, argumentos que partan de situacións comúns para os espectadores ó estilo que marcou “Mareas Vivas”.

Certas “polémicas” sociais veranse reflectidas nalgúns argumentos, que bascularán entre o drama e a comedia. Pero esas historias conxugaranse con outras humorísticas: as leccións que toma Brais para aprender a seducir á filla de Carlos, unha relación de Marta por internet cun home que acaba por ser alguén demasiado próximo a ela, os imposibles negocios de Brais, un timo no que Iván se ve envolto pola súa afección ó xogo…

A vila

“Os Atlánticos” sucede nunha vila ficticia chamada Pontedenós, unha localidade costeira duns 8.000 habitantes onde viven os membros da orquestra.

Os exteriores gravaranse na vila coruñesa de Pontedeume.

É un lugar onde case tódolos habitantes se coñecen e onde perduran as relacións de veciñanza.

Dirección Artística

OS ATLÁNTICOS contará cunha esmerada proposta de deseño de producción e direción artística, na que se buscará unha certa estilización da realidade sen perder a verosimilitude.

Deste xeito, coidarase tanto a fotografía, coma os decorados e o estilismo, convertindo así estes elementos en atractivos valores de producción, tal e como se fixzo previamente en éxitos anteriores da nosa casa como “Mareas Vivas”.

Contamos coa colaboración dunha coñecida decoradora, Marta Villar, autora de proyectos de ambientación de series para TVG tan exitosas como “Rías Baixas” , “Pratos Combinados” , e películas como ”Heroína” de Gerardo Herrero.

Con OS ATLÁNTICOS Marta pretende renovar e actualizar o modelo de serie feita en Galicia, a través dunha esmerada ambientación na que será primordial a estética do fogar moderno

Sets

1. O Bar Tamara.
O dono é Lucio. Un pequeno café que sobre todo funciona de día. Serven hamburguesas e bocadillos; nada sofisticado. A clientela é variada, porque de feito media vila pasa por alí para almorzar ou tomar a tapa de media mañá, o vermú ou a caña da tarde.
O almacén da cafetería funciona tamén como “despacho” para Lucio.
Na cafetería traballan Xurxo e Tano.

2. A perruquería onde traballa Silvia. Unha perruquería moderna, onde ademais de facer peiteados tradicionais, tamén se fan rastas, piercings e mesmo tatuaxes.

3. O despacho de Carlos.

4. A casa de Carlos.
É unha vivenda de aspecto familiar.

5. O piso de Iván e Xurxo.
A medias entre un piso de estudiantes e un apartamento de adultos. A decoración é ecléctica, nada coidada, e desde logo non lle viría mal un toque feminino.

6. A tenda de Iván.
Un negocio de Martínez.
Trátase dun establecemento de móbiles, onde tamén se venden produtos informáticos, consumibles…

7. A casa de Marta e Silvia. (E Laura).

8. O local de ensaio dos Atlánticos.

Categoría: Novas
Etiquetas: