O vindeiro mércores, 18 de decembro ás oito da tarde nos Cinesa de Marineda City, estréase 3-1=0, unha curta protagonizada por Xosé Barato e Deborah Vukusic; e cun equipo técnico 100% galego.

A invitación á estrea non é de balde, senón que é unha entrada reducida, 3 euros; e ao saír haberá un viño e a un pinchiño.

A curta comezou xa o seu percorrido por festivais o mes pasado, e levamos xa seis seleccións e dous premios, o último no Festival de cine Zaragoza, onde 3-1=0 recibiu o galardón de Mejor Corto Nacional de Ficción (Premio Carlos Saura). A continuación tedes un link con máis información http://www.tresmenosunocero.com/#!equipo/c1brw

As entradas poden ser mercadas ese mesmo día na taquilla ou por anticipado http://www.ticketmaster.es/nav/es/cine/a_corunya/cinesa_marineda_city_990a/corto_3-1_0_017428/index.html