Anacos e Estereoscopía, producidas, escritas e dirixidas por Xacio Baño participarán no London Spanish Film Festival que comeza este mesmo venres na capital de Inglaterra. O festival é unha mostra do mellor e máis recente cine realizado en España. As dúas obras proxectaranse xunto con outras 13 curtas no Instituto Cervantes. Ademais, Anacos proxectarase no mesmo festival previo ao pase oficial de Carmina o Revienta, de Paco León, este sábado 29 de setembro.

Anacos (2012), protagonizada por Mabel Rivera, Fernando Morán e Xosé Barato, despois de acadar diversos premios en festivais como o de Málaga, Curtocircuito, FicBueu ou o de Las Palmas, proxectarase proximamente no Cinespaña – Toulousse, Kaohsiung Film Festival – Taiwan, no 20 FESANCOR – festival de Curtametraxes de Santiago de Chile, no Onrnabrück filmfest de Alemania, no Fescigu de Guadalajara, no Festival de Madrid PNR, etc.

Ademais Anacos participará no SHNIT, festival de curtametraxes no que concorreron 6500 curtas de todo o mundo, e foron seleccionadas soamente 64 para a sección oficial internacional.  Un festival que se celebra na localidade de BERN, Suiza, pero que simultaneamente ten sedes oficiais noutras nove cidades por todo o mundo.

Estereoscopía (2011) protagonizada por Vicente de Souza, logo de máis de un ano dende a súa estrea, e despois de pasar por máis de 50 festivais, competirá en vindeiras datas no Paris Courts Devant – Francia, dentro da categoría Borderlines – Fronteiras.

Ambos proxectos recibiron unha axuda da AGACIC na convocatoria de Talento, dentro da categoría curtametraxe Experimental.