O cineclube do audiovisual galego Flocos.TV  ofertará esta fin se semana un novo ciclo composto por filmes realizados a mediados da década dos 90 pola Escola de Imaxe e Son de  Coruña. Trátase dos títulos que compoñían o programa Tramas da rede multimedia e 24 en 25,  onde os medios de comunicación (TV, cine, radio, internet,etc) funcionaban como eixes do relato. 

O proxecto Tramas da rede multimedia foi patrocinado pola Dirección Xeral de Medios de Comunicación da Xunta de Galicia e 24 en 25 pola Televisión de Galicia a mediados dos anos  90. 

Os títulos que compoñen o ciclo son: Paranoia dixital (Angel de la Cruz 1996);  Afonía (Chema Gagino,1996), De onde chamas?  (David Breijo, 1996); The End (Carlos Alberto Alonso Iglesias, 1996); Televapor (Ricardo LLovo,1996); Grande de  Cuba (Beatriz do Monte, 1996); e  Sitcom Show (Angel de la Cruz, 1996).  

Completará o ciclo a recuperación da comedia romántica “Bós días” (Dani de la Torre, 2005) e as marabillosas pezas de animación “Labirinto dos soños” (Ramón Bermejo, 2000).